1/12/2018

FESTIVAL DE INVERNO

E chegou o remate do trimestre... e como non... todo o alumnado do centro coa axuda dos seus mestres, prepararon distintas acutacións para representar nunha velada interna para o centro.

Temos que dicir... que foi un tanto especial... xa que despedimos a unha das nosas mestras que cumpriu os seus 50 anos de servizo nesta profesión!!! Moita sorte Maruja nesta nova etapa!!

Ahí van algunhas fotos das acutacións!

























































EXPOSICIÓNS DOCUMENTAIS

Durante o primeiro trimestre foron varias as exposicións documentais que realizamos no centro, dende as titorías, educación infantil, biblioteca...
Expuxéronse herbarios, traballos de inglés, murais en infantil, cabazas...















EXPOSICIÓN STEM

Neste curso, tivemos a sorte de que nos concederan o programa STEM (Science, Technology, engineering and mathematics) promovido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Os rapaces de quinto e sexto de primaria permaneceron unha semana completa por curso nun campamento na localidade de Mondariz, onde realizaron talleres relacionados coa temática.

A finais do primeiro trimestre, realizaron unha exposición no centro para contar a todo o alumnado as distintas experiencias que fixeron durante a estancia: impresión 3D, robótica, biotecnoloxía, scrach, excursións, convivencia...

































CIENCIA NA BIBLIOTECA

APRENDER XOGANDO É POSIBLE!!!

Baixo este lema, adicamos os recreos dos martes a "xogos de mesa" na biblioteca.
Durante os meses de novembro e decembro xogamos ao parchís, onde alumnado "axudante de biblioteca" fixeron de monitores a aqueles nenos e nenas de todo Primaria que participaron na actividade.