Os alumnos de 6º de primaria conmemoraron o Día dos Dereitos Humáns que se celebra o 10 de decembro e o día da discapacidade que se celebra o 3 de decembro.
Lemos un conto dunha alumna camada Lidia Otero, uns dereitos e uns eslogans, despois fixemos unhas coreografías relacionadas co tema.
Como puidestes ver, un dos xenios da música, Steve Wonder, era invidente.
As barreiras están moitas veces dentro de nós!
Tamén disfrutamos duns cortos relacionados co tema da discapacidade.
1/10/2018
1/08/2018
CONTACONTOS: O COELLIÑO BRANCO
O pasado 5 de decembro, varios membros do Equipo de Biblioteca representaron, para os xa tradicionais "Contacontos de Infantil", o "O coelliño branco".
Nun principio ía ser para o alumnado de Educación Infantil, ao que finalmente se sumaron os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º, xa que consideramos que era moi interesante para todos eles. Fixemos dúas representacións.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O luns 27 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, preparou unhas actividades para concienciar sobre a violencia de xénero. Representaron unha pequena obra de teatro, nela falouse dos distintos tipos de violencia, ademáis da física: a social, a psicolóxica, a económica e a sexual.
Tamén falaron do motivo polo que se conmemora o 25 de novembro e citaron ás irmás Mirabal.
Remataron aludindo ás estratexias que o goberno aporta para axudar ás víctimas: o teléfono gratuito 016 e todas as campañas nos medios de comunicación, rechazando a violencia machista e ao maltratador.
Recordáronse citas alusivas ao maltrato que resoan na cabeza de todos, como: "Contra o maltrato, tolerancia 0", ou "Se maltratas unha muller, deixas de ser un home".
Soaron cancións de Pedro Guerra, de Revólver e de MBCP (Máis boas cás patacas).
Agradecemos a Asuntos Sociais de Foz, que nos enviaron o cartaz deste ano contra a violencia de xénero.

A VOLTA AO MUNDO POR DAVID VAL
David Val, xornalista de Radio Foz e veciño desta localidade, acaba de pasar trece meses viaxando por vinte países: Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Tailandia, Camboya, Canadá...
No noso cole, tivemos a sorte de contar coa súa presencia, os pasados 17 e 24 de novembro, onde nos contou e proxectou moitas cousas sobre a súa viaxe ademáis de traer a bicicleta coa que fixo o percorrido.
Os nosos rapaces quedaron encantados!
Grazas David!

10/30/2017
III SAMAÍN NO CEIP DE FOZ NÚMERO 1
Como en anos anteriores, o pasado xoves 19 de outubro, celebramos no cole, en colaboración coa ANPA, "O Samaín".
O programa foi o seguinte, a partir das 18:30h. :
O programa foi o seguinte, a partir das 18:30h. :
- Xuntanza no pavillón deportivo do Centro.
- " Bruxa" animadora, realizando diversos xogos.
- Preparación para a saída.
- Desfile polas rúas de Foz da "III Santa Compaña Infantil".
- Cea dos rapaces que pernoctaron no centro.
- Baile de "Bruxas" do Feitizo e brevaxe de meigas.
- Xogo libre no pavillón.
- Historias de medo no ximnasio.
- Acampada no ximnasio.
- Recollida do material empregado para durmir.
- Almorzo no comedor a cargo da ANPA e do CEIP.
- Incorporación ás clases rutinarias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)