3/18/2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



            O día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Nós tamén participamos. Catro alumnos de 6º acudiron en directo á emisora local de radio, radio foz, a recitar poemas de Rosalía de Castro e falar da súa persoa.
            No centro propuxemos unha actividade que consistíu en colgar no taboleiro, á vista do alumnado, a pregunta - que sabes sobre Rosalía de Castro?, coa finalidade de fomentar a participación das rapazas e rapaces, investigando sobre a figura da devandita escritora.
            A resposta máis orixinal sería premiada. Así foi e o premio recaeu nun alumno de 3º. Tamén lle demos un premio á clase de 2º, polo seu alto nivel de participación.









IAGO O CONTACONTOS

CONTACONTOS

         O día 9 de marzo do presente curso, por xentileza da editorial Anaya-Xerais, visitounos o contacontos Iago.
         Estivo con nós para escenificarnos o conto “Augusta e os seus medos”.
         O horario foi de 12:30 a 13:40. Primeiro actuou para os rapaces de Infantil e seguidamente para os rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria.

         Gustoulles moito. 


CONTACONTOS INFANTIL - PEDRO E O LOBO

PEDRO E O LOBO

O primeiro contacontos na biblioteca nesta 2ª avaliación adicouse a “Pedro e o lobo”.          Participaron os catro grupos de Infantil, distribuídos en luns e venres: venres 30 de Xaneiro o grupo de 3 anos A, luns 2 de Febreiro o grupo de 4 anos, venres 6 de Febreiro o grupo de 5 anos e o luns 9 de Febreiro o grupo de 3 anos B.
 A actividade constou da manipulación libre de libros adaptados á sua idade, da lectura-escenificación do conto, da identificación das personaxes e unha ficha adaptada a cada grupo.


ENTROIDO 2015



ENTROIDOOOOO!!!!!


Canto traballaron os nosos rapaces!!! Que disfraces tan chulos!!! Ahí van as fotos, disfrutádeas!!!



DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA



O 30  de  xaneiro  celebrouse  un  acto    no colexio  co  fin  de conmemorar o Día escolar da non violencia e da paz.
Nesta ocasión os rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de levalo a cabo e expoñérllelo o resto do alumnado..
O alumnado de 2º comezou  cunha  breve exposición sobre a figura de Gandhi,  o recordo  dalgunha   das  súas  frases  máis célebres e unha reflexión sobre o que é paz para eles e elas.



A  continuación os nenos e nenas de 1º fixeron unha lectura dramatizada sobre o libro “ A Galiña azul”, de Carlos Casares.



Logo proxectouse unha curta titulada “Chámome Paz”, que falaba da vida dunha nena nun país en guerra. A dobraxe foi feita polo alumnado de 2º.



Despois os nenos e nenas de 1º recitaron un pareados que eles mesmos compuxeron.



Finalmente os rapaces e rapazas de 1º e 2º interpretaron o poema  “Cantarola dos Nenos”, de Xosé Neira Vilas.
Para rematar o acto, todos os nenos e  nenas do colexio cantaron a canción “Campás pola Paz”, de Migallas, que previamente prepararon nas clases de música.



Os rapaces e rapazas de 6º tamén traballaron en torno ao tema da paz no mundo
compoñendo  os seguintes murais:






12/11/2014

Qontos en movemento

Contos e cine danse a man para presentar Qontos en movemento, unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar os medios audiovisuais nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión.

O pasado 3 de decembro, acompañounos "Raquel" da editorial OQO para realizar un obradoiro cos rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Nese obradoiro os nenos e nenas traballaron criterios e coñecementos para identificar planos, secuencias, estructura ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro do filme.
Traballaron a partir das curtametraxes "Un gato na árbore" e "A bruxa regañadentes". Adaptacións do libro do mesmo título incluídas na serio "Os contos do camiño".

A animación lectora tamén se pode realizar desde a educación audiovisual!


12/02/2014

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, adicámolo a reflexionar sobre a problemática da violencia de xénero que cada día segue afectando á nosa sociedade.
Esta conmemoración tocoulles preparalo aos rapaces de 6º curso. Prepararon unha presentación explicando en que consistía e por que a importancia sobre a concienciación desta lacra.
Ademáis fixeron unhas breves representacións de escenas cotiás da violencia de xénero. A continuación e para rematar vimos dous cortos relacionados co tema.
Xuntámonos todos os rapaces de primaria no salón de actos na última sesión da mañá.










Os alumnos de educación infantil tamén traballaron a temática nas súas respectivas aulas, a través de contos como "Rosa caramelo", "O libro dos porcos" e "Artur e Clementina".