5/03/2011

REMATE DO CÓMIC

Para rematar o trimestre do cómic fixemos unhas xornadas de cine, nas que o alumnado máis novo do cole viron cortos de debuxos animados de "Mortadelo e Filemón", e os máis maiores a película "Asterix misión Cleopatra". Foi todo un éxito!!!!

TALLER DO CÓMIC

Todos os alumnos de primaria viñeron á biblioteca para facer un taller de elaboración dun cómic. Démoslles un dosier para comprender as normas de elaboración  e logo fixeron unha actividade na que se convertiron en pequenos escritores de cómic elaborando unha pequena historia.







3/23/2011

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA OS NENOS DE INFANTIL

Desta volta os nenos e nenas de infantil viñeron á biblioteca a mirar libros e a escoitar o conto de "Antón el ratón". Pasáronno xenial!!!!


VISITA INESPERADA POLO ENTROIDO

MENUDA SORPRESA LEVAMOS!!!!!!!!!!!! ASÍ APARECERON POLA BIBLIOTECA OS NENOS E NENAS DA AULA DE INFANTIL DE 3 ANOS!!!!!!!




VOLVEDE CANDO QUEIRADES RAPACES!!!!!

VISITA DO CONTACONTOS

Neste segundo trimestre veunos visitar un contacontos cargadiño de moitas historias!!!, ata viña acompañado dunha mascota con moitos problemas... recordádelo????




2ª SESIÓN DE PRIMARIA: DEREITOS DOS NENOS

A segunda sesión deste trimestre adícámola aos dereitos do neno, tendo en conta a proximidade das visitas ao día da paz.
Todos traballaron este tema a través de distintas actividades.
Os nenos do terceiro ciclo viron un documental moi interesante, "Binta e a gran idea", sobre a educación nun poboado africano, despois falamos sobre ela e fixeron unha ficha.
Cos nenos do segundo ciclo lemos o libro "Tengo derecho a ser niño", fixemos un posterior coloquio e unha ficha.
No primeiro ciclo lemos o conto da editorial OQO "A guerra dos números" co posterior coloquio e ficha do mesmo.










3/16/2011

CATÁSTROFE EN XAPÓN

Pincha no seguinte enlace, movendo o rato do ordenador por encima das fotografías, poderás ver o antes e o despois da catástrofe:


CATÁSTROFE EN XAPÓN