3/23/2011

2ª SESIÓN DE PRIMARIA: DEREITOS DOS NENOS

A segunda sesión deste trimestre adícámola aos dereitos do neno, tendo en conta a proximidade das visitas ao día da paz.
Todos traballaron este tema a través de distintas actividades.
Os nenos do terceiro ciclo viron un documental moi interesante, "Binta e a gran idea", sobre a educación nun poboado africano, despois falamos sobre ela e fixeron unha ficha.
Cos nenos do segundo ciclo lemos o libro "Tengo derecho a ser niño", fixemos un posterior coloquio e unha ficha.
No primeiro ciclo lemos o conto da editorial OQO "A guerra dos números" co posterior coloquio e ficha do mesmo.










3/16/2011

CATÁSTROFE EN XAPÓN

Pincha no seguinte enlace, movendo o rato do ordenador por encima das fotografías, poderás ver o antes e o despois da catástrofe:


CATÁSTROFE EN XAPÓN

2/15/2011

BOLSIÑAS VIAXEIRAS PARA OS NENOS DE INFANTIL

 Xa levan rodando unhas semanas as bolsiñas viaxeiras para os nenos máis pequenos do cole.
Con elas poden disfrutar cada fin de semana dunha lectura en familia; ademáis vai acompañada dun caderniño onde cada neno escribe e debuxa o que máis lle gustou do libro, e pode ver o que fixeron os seus compañeiros.

2/09/2011

CONTACONTOS INFANTIL: "BEATRIZ LA LOMBRIZ"

1ª SESIÓN: O CÓMIC







Nesta sesión, os alumnos de primaria, acudiron á biblioteca para recordar o funcionamento e organización da mesma, empregando como tema central "O CÓMIC".

2º TRIMESTRE: "O CÓMIC"

2º TRIMESTRE

UNHA NOVA AVENTURA ESPÉRANOS XA, E DESTA VOLTA CO CÓMIC ÍMOS TRABALLAR!!!!!!!!

1/18/2011

ULTIMAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE

Os nenos de infantil visitaron a biblioteca para escoitar o contacontos "No eres tan temible, Tim"





O día contra a violencia de xénero, todo o cole se sorprendeu ao baixar ao recreo e atopar as novas que trouxeron da casa, nunha exposición moi peculiar.




Tamén comezamos coa "Hora de Ler", no que cada grupo, de 2º e 3º ciclo adican un tempo na clase a ler un pouquiño individualmente.

Empezamos a formar clubes de lectura nas sesións de biblioteca, cos que seguiremos  no segundo trimestre.




Tivemos moitas sorpresas, a chegada dos ordenadores, novos libros...