3/27/2025

PLAN DIRECTOR

Onte, 26 de marzo, un Garda Civil impartiu cadansúa charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, incluída no PLAN DIRECTOR.

Aos rapaces de 5º faloulles de "Videoxogos" e aos de 6º sobre "Ciberseguridade". 

Resultaron moi formativas.

 



 



3/26/2025

EDUCACIÓN VIARIA NA ESCOLA

 Hoxe, 26 de marzo, a empresa de Viveiro "Deporte e aventura" ofreceu ao alumnado de 5º, 6º, 3º e 4º de Primaria dúas sesións de "Educación viaria". A pista para ésta actividade montárona no pavillón deportivo. 

Primeiro fixeron unha formación teórica e seguidamente quendas de 10 minutos en cars.

Gustounos moito!!!





















 

 

3/13/2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

O alumnado de Infantil colaborou para compoñer o mural conmemorativo. 

Traballouse con esta temática nas diferentes titorías.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no I Concurso de carteis 8 M, proposto pola Consellaría de Muller e Igualdade.

 


 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de Bibliochicharrón Foz

 

 A ANPA, a tarde do 14 de marzo, agasallou aos asistentes, nenas, nenos e familias, cunha contacontos e un obradoiro a cargo da nai dunha alumna de 5º de Infantil.

Estivo xenial!!!














3/07/2025

RADIO NA BIBLIO: O SAMAÍN

 Neste curso escolar, o alumnado de quinto de primaria estamos iniciándonos no proceso de creación, elaboración, edición e publicación de programas de radio escolar.

O noso grupo, no que formamos parte cinco alumnas de quinto de primaria, decidimos investigar e contar a historia do Samaín. Esperamos que disfrutedes coa escoita do noso programa.



3/05/2025

O ENTROIDO

Un curso máis, o alumnado do CEIP P. de Foz Número 1, os seus mestres e mestras disfrazáronse o venres 28 de febreiro de personaxes de diferentes contos e desfilaron por varias rúas da vila:

  • O alumnado de Infantil disfrazouse de frautistas, ratiñas e ratiños
  • 1º e 2º de Primaria inspiráronse no conto "Os tres porquiños".

Este alumnado de 1º e 2º de Primaria, como complemento do seu disfraz de Entroido, recortou e compuxo os tres tipos de vivendas dos protagonistas do conto "Os tres porquiños", creando así a urbanización "Os tres porquiños".

  • 3º e 4º de Primaria disfrazáronse de "Monstros de cores". 
  • E, para rematar, as rapazas e rapaces do 3º Ciclo de Primaria sorprendéronnos cunha excelente manda de dálmatas.

 Excelente traballo!!! 

A ANPA propuxo un concurso de caretas: cada nena e neno levou unha para decorar e ao final expuxéronse no patio cuberto.

Tamén deseñou o cartel para OS MANDADOS DO MECO durante a semana do 24 ao 27 de febreiro e que cada neno trouxera o disfraz acorde a estes mandados. O xoves tiñan o disfraz completo.

 Quedou todo chulísimo!!!.

Este curso contamos coas visitas da RAÍÑA DO ANTROIDO FOCENSE E AS SÚAS DÚAS DAMAS DE HONRA.


Grazas pola vosa visita. 































ENTROIDO de Bibliochicharrón Foz