2/17/2025

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

  • En Infantil:

 Cada nena/o decorou un corazón para elaborar unha coroa co lema "AMOR E AMIZADE".

 




 


 

Outra actividade foi facer pegatinas de corazóns para decorar ás ventás.

 







 


 

  • En plástica, a auxiliar de conversa, Cristina, contoulles que no seu país cada neno/a fai unha tarxeta de amizade para intercambiar entre os compañeiros. Aquí fixeron tamén tarxetas para intercambiar entre eles ou para agasallar a algún membro da familia ou outros amigos.

 






 



 

 

2/10/2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, recoñecido pola UNESCO en 1993, levando como lema "AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ".

  • No cole o 30 de xaneiro, celebrámolo de varias maneiras: Ás 9:00 todos reunidos no patio cuberto, os mestres e mestras fixemos unha pequena escenificación de "discusións" por diversos motivos para visualizar como eles se comportan ás veces. Rematamos aclarándollelo todo.


  • Na titoría de 4º curso de Primaria estaban traballando "A dieta e os menús saudables". Ésta data fíxolles pensar se hai  ingredientes importantes para vivir en PAZ e compuxeron este mural:


 

  • Traballaron por aulas para compoñer as seguintes exposicións:






  • Lecturas solidarias pola PAZ: os nenos e nenas axudantes de biblioteca repartíronse en parellas ou en tríos para contar un conto por curso, na hora de ler.

Gustoulles moito a todos.











 






INNOVART 25

O xoves 6 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou a Santiago.

Pola mañá, de 12:00 a 13:00h, visitou o Parlamento. Alí, un guía levounos polas distintas salas explicándolles a súa historia.

Xantaron na Alameda.

Pola tarde, ás 17:00h, visitaron a exposición INNOVART'25 situada nun dos edificios do Gaiás e participaron en diferentes talleres.

Regresaron a Foz ás 21:00h. 

Pasaron un día xenial!!!





 
 

 
 

 
 




 

2/04/2025

GALICIA SABE AMAR

 Dentro da campaña da Xunta de Galicia "GALICIA SABE AMAR", hoxe día 4 de febreiro visitounos unha food truck para intentar concienciarnos da importancia de consumir produtos que veñen do mar. Pola charla e degustación pasou todo o alumnado e profesorado do cole.

Agasalláronnos con dous pinchos para cada un: mexillón e croqueta de choco.

Estaban riquísimos!!!