3/02/2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Para conmemorar o día de Rosalía:

* Fixéronse traballos nas aulas.

* O Equipo de Desenvolvemento da Lingua Galega deseñou flores, pensamentos, e o alumnado coloreounos e compúxoos.

*Decoramos o cole con dúas preciosas Rosalías e con bibliografía da escritora.

O 26 de febreiro desprazámonos ata o mosaico de Rosalía situado na praza que leva o seu nome. Alí o alumnado de 6º de Primaria leu poemas da autora, escoitamos música galega e pegamos as flores, pensamentos, do alumnado.