11/27/2025

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, 25 DE NOVEMBRO

A violencia de xénero constitúe unha das violacións dos dereitos humanos máis persistentes e devastadoras do noso tempo. Afecta a mulleres e nenas polo simple feito de selo, vulnerando a súa liberdade, integridade e dignidade. É un problema estrutural que se manifesta en todas as sociedades e en todos os ámbitos da vida, impregnando todas as esferas da nosa sociedade.

Nós, no cole, intentamos sensibilizar ao noso alumnado deste gran problema e educar uns nenos e nenas no respecto e tolerancia aos demais. 

Durante os últimos quince días investigaron sobre mulleres pintoras, debateron, colorearon, crearon pinturas, buscaron frases axeitadas... para compoñer os dous murais que expuxemos no colexio e polos que vai pasando todo o alumnado.


















11/24/2025

IOGA

 O alumnado de Educación Infantil celebrou O Día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, cunha actividade de IOGA a cargo da profesora desta disciplina, Carolina, nai dun alumno deste centro. A actividade realizouse no ximnasio acompañados polas súas profes. 

Moi boa iniciativa. Para repetir.

Moitas grazas a Carolina pola súa colaboración.


11/21/2025

RADIO NA BIBLIO - "OS PREGUNTÓNS!"

 Este programa está creado por cinco nenos e nenas de quinto de primaria, no que realizamos unha serie de preguntas para animar aos oíntes a participar nun concurso. Esperamos que disfrutedes moito do noso podcast e teñades sorte para conseguir o agasallo!!

 



11/20/2025

VISITA Á FÁBRICA DE GALLETAS MARIÑEIRAS DAVEIGA

 O pasado luns, 10 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria, acompañado por tres mestras do cole, visitaron a fábrica de galletas mariñeiras Daveiga, en Chantada.

A actividade forma parte do programa "Da granxa á escola" organizado pola ANPA e a Diputación. 

Foi unha saída moi proveitosa, onde o alumnado seguiu todo o proceso de fabricación das galletas mariñeiras que son unha adaptación do "Pan de barco". Solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan de forma natural.

Tamén houbo un tempo para a degustación de produtos.

GUSTOUNOS MOITO!!!




11/03/2025

SAMAÍN E MAGOSTO

 Na última quincena de outubro traballamos para celebrar O Samaín e rematamos coa festa do magosto o día 30 do mesmo mes.

  • Fixemos exposicións de cabazas, de vasoiras e sombreiros decorados.
  • Compuxemos uns murais chulísimos.
  • Decoramos o cole con motivos relacionados. 
  • Taballamos por aulas.
  • Nas clases de Música ensaiaron a coreografía de "Thriller" de Michael Jackson coa que nos agasallaron o día do magosto.
  • Na materia de Arts traballaron a Tim Burton. Despois de investigar sobre a súa vida e traxectoria profesional comezamos a traballar artísticamente con diferentes películas que el dirixiu:
  1. Terceiro de Primaria fixo deseños de"Eduardo manos tijeras".
  2. Cuarto deseñou a súa propia "Novia cadáver" e un gran mural de "Beetlejuice".
  3. Quinto e sexto, ademáis de deseñar o seu propio personaxe ao estilo Tim Burton, crearon un poster de "Frankenwenweenie" e de "Pesadilla antes de Navidad".

Resumo dos traballos realizados:

SAMAÍN 1º PRIMARIA de Bibliochicharrón Foz