12/21/2024

FESTIVAL DE NADAL

 Para rematar o primeiro trimestre, celebramos un pequeno festival.

Nel actuaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Infantil cun baile titulado "Desexos polo Nadal".

Seguidamente, o alumnado de 6º de Primaria escenificou a obra titulada "Problemas en oriente".

O teatro rematou coa actuación das nenas e nenos de 4º de Primaria e a peciña titulada "Parodia polo Nadal".

Agardamos que vos gustara e pasarades un rato agradable.

 

































12/19/2024

NADAL

 A continuación podedes ver traballos realizados no cole relacionados coa temática navideña.

Agardamos que vos gusten.


DECORACIÓNS DE NADAL de Bibliochicharrón Foz

12/17/2024

GUÍA DE LECTURA NADAL 2024

 Como cada Nadal, preparamos unha serie de recomendacións lectoras para que as vacacións sexan un pouco máis entretidas.

Agardamos que "Os Reis Magos" vos traigan algúns e que vos gusten.


GUÍA DE LECTURA NADAL 2024 de Bibliochicharrón Foz

12/02/2024

HAPPY THANKSGIVING!!

 Dende Arts and Grafts para celebrar o 28 N (Día de Acción de Gracias) creamos un pavo.

En cada pluma debuxaron algo polo que eles están agradecidos. Así podemos demostrar a importancia desta celebración en Estados Unidos, favorecendo a INTERCULTURALIDADE.

Como podedes ver, QUEDARON CHULÍSIMOS!!!!!!!                                                 







 
 

12/01/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Para fomentar o gusto pola lectura, o día 22 de novembro, dous nenos de 3º de Primaria léronlles un conto ao alumnado de 2º. O venres 29 un neno de 3º e unha nena de 6º fixeron o mesmo pero ao alumnado de 1º.

Todos gozaron moito.