6/20/2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Estas son as recomendacións lectoras para estas vacacións de verán do 2024. Esperamos que gocedes moito delas e pasedes un bo verán!


SUXERENCIAS LECTORAS VERÁN 2024 de Bibliochicharrón Foz

PODCAST: AS SETE MARABILLAS DO MUNDO

Esperamos que desfrutedes deste podcast de radio na biblio no que fixemos un gran traballo de investigación sobre as sete marabillas do mundo. 



PODCAST: TITULARES DISPARATADOS

Aquí vai este divertido podcast!



PODCAST: ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Podcast de Radio na Biblio elaborado por alumnado de quinto de primaria sobre a alimentación saudable.



PAROLADAS Nº 61

 Publicado un novo número do noso xornal escolar!

PAROLADAS 23-24 de ceipdefoznumero1 plurilingüe

6/14/2024

QUEN É QUEN?

 E, para rematar o curso, propuxemos este divertido xogo no que hai que recoñecer aos nosos mestres de pequenos. E ti... serás capaz?. Inténtao, haberá agasallos para os gañadores.

 








 

6/13/2024

FESTIVAL FIN DE CURSO

 O alumnado de 4º de Infantil, 1º, 2º e 6º de Primaria foi o encargado de agasallarnos co FESTIVAL DE FIN DE CURSO cunhas excelentes interpretacións.

O mércores día 12, actuaron para a xente do cole e o xoves 13 fixérono para as súas familias.

  •  4º de Infantil bailou ao son da canción "Trece ratos bailando o twis".
  • 1º e 2º de Primaria interpretaron xuntos a obra "Rebelión no país dos contos".
  • 6º de Primaria inventaron e escenificaron a peciña " Os obxectos perdidos do cole Nº 1 de Foz".                                                                                                                 

FOI UN PRACER VELOS

 



























 

6/11/2024

VISITA DO ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

 O venres, 7 de xuño, tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas maiores da Escola Infantil, A Galiña azul, e as súas educadoras viñeron ao noso cole pasar dúas horas moi agradables con nós. Visitamos as aulas, a biblioteca, compartiron un ratiño co noso alumnado de Infantil nas súas aulas, merendaron con eles no comedor e xogaron todos xuntos no recreo. E grazas á axuda do voluntariado de nenas e nenas de 5º e 6º de Primaria.

Moitas grazas, moitos bicos e agardamos que gozaran moito eles tamén.