O alumnado de sexto curso que queira colaborar coa biblioteca, debe rechear a inscripción no seguinte formulario.
O prazo de inscripción remata o 30 de setembro.
Biblioteca Escolar - C.E.I.P. Plurilingüe de Foz Nº1
O alumnado de sexto curso que queira colaborar coa biblioteca, debe rechear a inscripción no seguinte formulario.
O prazo de inscripción remata o 30 de setembro.
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO!
Un ano máis, a nosa biblioteca abre as súas portas chea de ilusións, contos e aventuras por descubrir. Comeza un novo curso escolar e queremos acompañarvos nesta viaxe chea de aprendizaxe e soños compartidos.
Aquí atoparedes libros para deixar voar a imaxinación, espazos para investigar e recursos que vos axudarán en cada materia. Pero sobre todo, queremos que a biblioteca sexa un lugar de encontro: para ler, falar, crear e aprender xuntos.
Este curso temos preparadas novidades, actividades de animación á lectura e algunhas sorpresas que iremos contando no blog. Animámosvos a visitarnos, levar libros en préstamos e participar con entusiasmo en todas as propostas.
QUE A LECTURA NOS ACOMPAÑE EN CADA PASO DESTE NOVO CURSO!!
A continuación deixamos as orientacións lectoras para o verán 2025:
AGARDAMOS QUE LEADES MOITO, ESES OU OUTROS LIBROS!!!
O venres, 20 de xuño, para rematar o curso de maneira máis entretida realizamos unhas actividades moi divertidas:
O alumnado de Infantil foi xogar, facer pompas de xabón... ao parque da Praza de Galicia (parque Branco), a carón do colexio.
Ao regresaren, o alumnado de quinto e sexto de Primaria dirixiron unha serie de xogos populares para o resto das rapazas e rapaces do cole.
PASÁMOLO XENIAL!!!
GOZADE DO VERÁN E BOAS VACACIÓNS!!!
Un curso máis remata e nós facémolo con teatro.
O alumnado de 4º de Infantil, 1º Ciclo de Primaria e 5º tamén de Primaria agasalláronnos cunhas excelentes representacións teatrais.
Os nenos e nenas de Infantil escenificáronnos a canción "Fun ao mercado"-
A rapazada de 1º Ciclo representou a obra "A maxia dos contos".
As rapazas e rapaces de 5º deleitáronnos con "Miña nai... que cabezas".
1º fixeron unha representación para o alumnado e mestres do cole e seguidamente outra para as familias.
As dúas presentadoras de 6º de Primaria dedicáronnos unhas bonitas palabras de despedida. Moitas grazas.
GOZAMOS E APLAUDIMOS MOITO!!!
Aquí vai o xornal escolar deste ano 2024/2025, "PAROLADAS - Nº62"