11/28/2024

EU COMO PEIXE

 O día 27 de novembro, Alba Vila (dietética e nutrición) estuvo no noso cole dando unha charla ao alumnado de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria para fomentar o consumo de peixe na nosa dieta.

Con ela estuvo Jose Beltrán da OPP-7 Burela (Organización de Productos Pesqueiros do Porto de Burela).

A campaña de promoción é "Eu como peixe" para escolares. Para dar a coñecer os peixes e os beneficios do seu consumo, en especial o que se captura pola flota de Burela.

 



 

 










11/25/2024

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o encargado de preparar esta conmemoración para compartila coa comunidade educativa do cole.

Seguindo a súa proposta e coa colaboración de todos os cursos  elaboramos un chulísimo mural no recibidor.

 




Ao chegarmos este día, reunímonos no patio cuberto  onde un alumno de sexto leu un texto  informando do motivo desta conmemoración:

Bos días. 

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. O alumnado de 5⁰ e 6º fixeron dous murais. No primeiro colaboraron todos  os nenos e nenas do cole coloreando pés e reflexa o desexo que todos temos de que neste asunto tan grave se vaia cara adiante, que non se retroceda no conseguido.

No segundo, están os nomes de todas as mulleres que no noso país morreron a mans das súas parellas ou exparellas. Quixemos rendirlles unha sinxela homenaxe.Tristemente hoxe tivemos que engadir a esta lista a María de 46 anos asasinada pola súa parella este fin de semana en Estepa, Sevilla.

FInalmente, as compañeiras de 5⁰ e 6⁰ bailaron mentres soaba de fondo a canción " Ni una más", da cantante Aitana.

Ogallá se cumpla o noso desexo e tal como dí a letra da canción ningunha muller máis volva a morrer dese xeito tan violento.

 


A continuación, un grupo de nenas do Ciclo, bailaron ao son da canción "Ni una más" de Aitana.





Agardamos non ter que engadir ningunha máis á listaxe das recordadas este ano 2024.

11/22/2024

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 O alumnado de Infantil e os seus mestres elaboraron un gran mural na entrada do edificio de Infantil, recordándonos que o 20 de novembro celebramos  

O DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.

 Nel colaboraron nenos e nenas de outros cursos.

Destacamos OS DEREITOS e DEBERES de toda a INFANCIA e que eles son o presente e o futuro do Mundo.

 Comezamos o Día todos xuntos con música no patio cuberto e continuamos con traballo de aula relacionado con esta temática e así visualizar as necesidades mundiais deste sector da poboación.

"Ensinemos aos nenos e non será necesario castigar aos homes" (Pitágoras). 

 












 





VISITA Á GANDERÍA DE ANA PÉREZ BOO

 O xoves 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria, xunto coas súas mestras e mestre, visitou a gandería de Ana Pérez Boo en Terra Chá, por xentileza da ANPA.

 


Alí explicáronlles moitas cousas das ovellas: tipo de raza, que lles producían, o seu coidado sanitario, a súa alimentación (os nenos déronlles pan), que raza de cans as protexían... e moitas máis cousas.

 




 



 

Déronlles a merenda .







Xogaron fóra e viron as ovellas no exterior.







 

Unha tecedora explicoulles o proceso da la ata poder tecela, incluso como tinguila con tintes naturais.







E para rematar, déronlles cadanseu agasallo.

 




 

 

Gustounos moito e pasamos unha xornada moi agradable.

Grazas á gandería ovina e á ANPA.

Para ampliar información podedes ler a seguinte noticia de O Progreso:

Granxa ovina en Terra Chá