4/09/2025

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

 O alumnado do 2º e 3º Ciclo de Primaria acudiu ao Parque Infantil de Tráfico(PIT), situado na zona portuaria de Foz.

Alí, recibiron formación teórica sobre Circulación Vial a cargo do oficial da policía local, Prieto, e seguidamente a parte práctica cos vehículos que alí teñen. 

Grazas a Prieto e aos policías locais que colaboraron con el.

Quedaron encantados!!!

 

2º CICLO DE PRIMARIA


 








 

3º CICLO DE PRIMARIA


 








 

BIBLIOTECA MUNICIPAL

 O alumnado de 1º e 2º de Primaria e 4º, 5º e 6º de Infantil visitaron a Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil.

Nela, Marta (bibliotecaria), explicoulles moi ben a bibliografía que alí teñen. Manipularon libros e invitounos a ser socios da Biblioteca e poder gozar nas súas casas dos libros prestables que hai. 

Grazas Marta!!! Gustounos moito!!!

 

 2º DE PRIMARIA


 






 

 1º DE PRIMARIA




4º INFANTIL


 



5º DE INFANTIL




 

6º INFANTIL







4/08/2025

NOVIDADES LECTORAS DO 2º TRIMESTRE

 A continuación deixámosvos dúas fotos de máis novidades mercadas neste 2º trimestre.

Agardamos que vos gusten e que nos sigades suxerindo novas adquisicións.

 



 

 

4/04/2025

PROGRAMA RADIO "O NADAL NOUTROS PAÍSES

 E aquí está! Por fin o noso programa de radio, preparado por Roi, Yeray, Isma, Xabi e Marcelo de quinto de primaria. Nesta ocasión quixemos falar sobre como se celebra o Nadal en diferentes lugares do mundo. Esperamos que disfrutedes da escoita!