10/20/2025

UN MAR DE DIVERSIDADE

 A asociación Guillem Veiga Iglesias, de Barreiros, prestadora de recursos sociais, leva a cabo un proxecto titulado "UN MAR DE DIVERSIDADE". Con este proxecto pretende aproximar á infancia o concepto de DIVERSIDADE. O obxectivo é que os nenos "vivan" as diferentes discapacidades en primeira persoa para empatizar, despertar o interese na diferenza e nas dificultades que a sociedade lle impón a estas persoas e perder o medo a relacionarse con xentes diferentes. En definitiva, entender e valorar a diversidade en xeral en todos os ámbitos da vida.

O venres 17 de outubro realizaron unha fermosa actividade no pavillón do noso cole para o alumnado de 4º de Primaria.  Montaron unha serie de stands onde aprendían a recoñecer as trabas coas que se pode atopar o alumnado con diversidade funcional: motóricos, xordos, invidentes ou persoas con autismo.

A actividade estaba organizada en tres partes:

  • Presentación sobre as características do noso mar e a riqueza da diversidade.
  • Primeira parte do circuíto, onde os grupos circulan polos stands.
  • Segunda parte do circuíto, para seguir circulando polos stands.

Tiveron que enfrentarse a algúns deses retos e experimentar a discapacidade en primeira persoa.

Actividades moi interesantes para fomentar a INCLUSIÓN,  entender e apreciar a DIVERSIDADE.













Ningún comentario:

Publicar un comentario