Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

3/05/2025

O ENTROIDO

Un curso máis, o alumnado do CEIP P. de Foz Número 1, os seus mestres e mestras disfrazáronse o venres 28 de febreiro de personaxes de diferentes contos e desfilaron por varias rúas da vila:

  • O alumnado de Infantil disfrazouse de frautistas, ratiñas e ratiños
  • 1º e 2º de Primaria inspiráronse no conto "Os tres porquiños".

Este alumnado de 1º e 2º de Primaria, como complemento do seu disfraz de Entroido, recortou e compuxo os tres tipos de vivendas dos protagonistas do conto "Os tres porquiños", creando así a urbanización "Os tres porquiños".

  • 3º e 4º de Primaria disfrazáronse de "Monstros de cores". 
  • E, para rematar, as rapazas e rapaces do 3º Ciclo de Primaria sorprendéronnos cunha excelente manda de dálmatas.

 Excelente traballo!!! 

A ANPA propuxo un concurso de caretas: cada nena e neno levou unha para decorar e ao final expuxéronse no patio cuberto.

Tamén deseñou o cartel para OS MANDADOS DO MECO durante a semana do 24 ao 27 de febreiro e que cada neno trouxera o disfraz acorde a estes mandados. O xoves tiñan o disfraz completo.

 Quedou todo chulísimo!!!.

Este curso contamos coas visitas da RAÍÑA DO ANTROIDO FOCENSE E AS SÚAS DÚAS DAMAS DE HONRA.


Grazas pola vosa visita. 































ENTROIDO de Bibliochicharrón Foz

 



2/15/2024

CARNAVAL 2024

 ISTO É FOZ E AQUÍ HAI CARNAVAL!!!!!!!!

Durante a semana do 5 de febreiro fixemos nas aulas antifaces, gorros, carautas e todo tipo de adornos relacionados co entroido para decorar o cole e para disfrazarnos nós.

Por xentileza de Cultura do Concello de Foz, o xoves 8 de febreiro visitounos a charanga Brassica Rapa. Bailamos e divertímonos na pista deportiva durante media hora. 

O día 9 celebramos, coma cada curso, a festa do Entroido. Todos os cursos se disfrazaron con motivos relacionados co entorno, xa que o PDI anual é Coida a túa contorna. 

Apareceron abellas, xardineiros, insectos variados, espantallos... e tamén algúns pitiños.

Fixemos desfile e baile na pista despois do recreo.

 

Foi unha festa moi divertida.

 

CARNAVAIS de Bibliochicharrón Foz

2/26/2023

FESTA FINAL DO ENTROIDO

 O venres 17 de febreiro tivemos no cole unha gran festa de Antroido: batucada, música, baile, xogo...

PASÁMOLO MOI BEN

VEREDES:

VENRES 17:FESTA RACHADA de Bibliochicharrón Foz

2/16/2023

ANTROIDO 4

 De quen serían os pés máis orixinais de onte?

De Vera, de cuarto de Primaria!!!!!!!!


E hoxe... máis!!!!! 

Tocoulle á cintura!!!! Agardamos que vos guste.

ENTROIDO 4 de Bibliochicharrón Foz

O VENRES DISFRAZ LIBRE E FESTA RACHADA!!!!!!!

2/15/2023

ANTROIDO 3

 O gañador de onte, martes, ao colar máis orixinal foi...

Ian, de 5 anos



Hoxe, mércores, tivemos uns pés moi adornados. Mirade:

ANTROIDO 3 de Bibliochicharrón Foz

Mañá  continuamos.

2/14/2023

ANTROIDO 2

 A gañadora de onte, luns, do adorno da cabeza máis bonito foi a seguinte: Dafne, de 6º B.

 

 

 

E estes son os adornos do martes: 


MARTES DE ANTROIDO de Bibliochicharrón Foz

Quen gañará hoxe? Ide pensando a ver se acertades.

ANTROIDO 2023

Esta semana, do 13 ao 17 de febreiro, temos festa de Entroido no noso cole.

A continuación van os "mandados" do Meco para que nos vaiamos disfrazando pouco a pouco e rematar o venres 17 cunha gran festa no pavillón deportivo.

Sin título (297 × 210 mm) de ceipdefoznumero1 plurilingüe


O resultado do "mandado" do luns foi o seguinte: 

 









 

 


Están guapísimos.

Mañá máis.


2/28/2022

Antroido 2022

 No Cole tamén festexamos o Antroido. Non saímos polas rúas de Foz, pero fixemos festa nas aulas e no patio, mantendo as medidas de seguridade vixentes.

Agardamos que o pasaran ben.


Feito con Padlet
ANTROIDO 5º A de Bibliochicharrón Foz

2/16/2021

ENTROIDO 2021

 Nun curso tan "estraño" coma este... o entroido non ía ser menos... pero por iso, non deixamos de perder a ilusión e disfrutalo. 

Así o venres día 5, un "personaxe" apareceu no cole cuns mandados aos que tiñamos que obedecer...

Foi diferente, pero pasámolo ben!

VÍDEO - ENTROIDO 2021

3/23/2020

VÍDEO ENTROIDO 2020

No seguinte enlace podedes disfrutar dun fantástico video do entroido no noso cole que nos gravou e montou Lucía Villarino Lestegás, á que porsuposto lle damos as grazas!

Esperamos que o disfrutedes!

VIDEO - ENTROIDO NO NÚMERO 1 2020

2/27/2020

ENTROIDO NO NÚMERO 1

Que ben o pasamos no desfile de entroido do número 1!!! 

O pasado venres 21, desfilamos polas rúas de Foz cos nosos disfraces relacionados co proxecto de centro "Foz, xente de aquí e de acolá". Así nos disfrazamos representando a distintos países:

- 4º Infantil: Americanos.
- 5º Infantil: Indianos.
- 6º Infantil: Exipcios.
- 1º Primaria: Bandeiras do mundo.
- 2º Primaria: Galicia.
- 3ºA Primaira: Turistas.
- 3º B Primaria:  República Dominicana.
- 4º Primaria: Españois.
- 5º Primaria: Peruanos.
- 6º Primaria: Chineses.