Amosando publicacións coa etiqueta b. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta b. Amosar todas as publicacións

3/26/2025

EDUCACIÓN VIARIA NA ESCOLA

 Hoxe, 26 de marzo, a empresa de Viveiro "Deporte e aventura" ofreceu ao alumnado de 5º, 6º, 3º e 4º de Primaria dúas sesións de "Educación viaria". A pista para ésta actividade montárona no pavillón deportivo. 

Primeiro fixeron unha formación teórica e seguidamente quendas de 10 minutos en cars.

Gustounos moito!!!





















 

 

11/11/2024

EDUCACIÓN INFANTIL NA HORTA

 A semana pasada, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de Infantil xunto cos seus profes fixeron unha pequena saída a un horto a carón do cole.

Alí puideron ver maceiras, limoeiros, a planta dos kiwis (que para eles era unha cova fantástica) e a dos alquequenjes.

Recolleron froitos para levar ao cole e poder degustalos.

Xogaron e gozaron do aire libre e da natureza.

FOI UN DÍA ESPECIAL.















3/12/2024

PLAN DIRECTOR

Hoxe, día 12 de marzo, visitounos un Garda Civil da unidade de SEPRONA. Falounos da Natureza, dos animais, das plantas, dos incendios, de como evitalos, da investigación e da necesidade de coidala.

Esta charla foi para 5º e 6º de Primaria e de unha hora de duración.

Estivo moi interesante.

 





4/13/2023

CONTOS NA HORA DE LER

 Os nenos e nenas de 2º de Primaria parece que lle colleron o gusto a contarlles contos ao alumnado de Infantil.

Desta vez foron Carmela, Noel e Ingrid os que foron á clase de 5º de Infantil contarlles o conto "O oso atrapabolboretas".

 









Eles fixeron uns bonitos debuxos:


Quedaron todos encantados.

3/28/2023

CHARLA AXENTES TRIBUTARIOS

O luns 27 de marzo, dous membros da Axencia tributaria deron unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre impostos e a súa utilidade, fraudes fiscales, video relacionado contrabando e sobre a abordaxe de narcolanchas...


Moi interesante.

Moitas grazas.