5/03/2011

REMATE DO CÓMIC

Para rematar o trimestre do cómic fixemos unhas xornadas de cine, nas que o alumnado máis novo do cole viron cortos de debuxos animados de "Mortadelo e Filemón", e os máis maiores a película "Asterix misión Cleopatra". Foi todo un éxito!!!!

TALLER DO CÓMIC

Todos os alumnos de primaria viñeron á biblioteca para facer un taller de elaboración dun cómic. Démoslles un dosier para comprender as normas de elaboración  e logo fixeron unha actividade na que se convertiron en pequenos escritores de cómic elaborando unha pequena historia.