Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

11/03/2025

SAMAÍN E MAGOSTO

 Na última quincena de outubro traballamos para celebrar O Samaín e rematamos coa festa do magosto o día 30 do mesmo mes.

  • Fixemos exposicións de cabazas, de vasoiras e sombreiros decorados.
  • Compuxemos uns murais chulísimos.
  • Decoramos o cole con motivos relacionados. 
  • Taballamos por aulas.
  • Nas clases de Música ensaiaron a coreografía de "Thriller" de Michael Jackson coa que nos agasallaron o día do magosto.
  • Na materia de Arts traballaron a Tim Burton. Despois de investigar sobre a súa vida e traxectoria profesional comezamos a traballar artísticamente con diferentes películas que el dirixiu:
  1. Terceiro de Primaria fixo deseños de"Eduardo manos tijeras".
  2. Cuarto deseñou a súa propia "Novia cadáver" e un gran mural de "Beetlejuice".
  3. Quinto e sexto, ademáis de deseñar o seu propio personaxe ao estilo Tim Burton, crearon un poster de "Frankenwenweenie" e de "Pesadilla antes de Navidad".

Resumo dos traballos realizados:

SAMAÍN 1º PRIMARIA de Bibliochicharrón Foz

11/04/2024

OUTONO E SAMAÍN

Para conmemorar o OUTONO e o SAMAÍN decoramos o Cole con motivos variados relacionados con esta temática.

Para favorecer a interculturalidade creamos un altar de O Dia do Mortos, representativo de Mexico xa que a nosa auxiliar de conversa é nativa deste pais.

Nel podemos ver os elementos principais que o compoñen: caveiriñas, alebrixes, cempasuchiles, candeas, papel picado, pan de morto e a fotografia de dous pintores (Frida Kahlo e Dali) fusionando a arte mexicana e a española. Ámbolos dous pintores traballámolos en Arts and Crafts.

To demonstrate the cultural exchange, we created an altar of Day of the Death, representative of Mexico. We decided to create this altar as our language assistant is from Mexico.

At the altar, we can see the main elements included which are sugar skulls, alebrijes, cempasúchiles, candles, papel picado, pan de muerto, and photographs of two painters (Frida Kahlo and Dalí). In this way, we merged Mexican and Spanish art. Both painters were studied in our Arts and Crafts course. 

 

Quedou así de bonito:

 

OUTONO E SAMAÍN de Bibliochicharrón Foz

11/02/2023

OUTONO E SAMAÍN

 Durante o mes de outubro estivemos decorando as aulas e o cole en xeral con motivos outonais. 

Fixéronse tamén exposicións de froitas de tempada en varias aulas.

Rematamos o mes cunha exposición de cabazas, vasoiras e sombreiros decorados aportados polo noso alumnado.


OUTONO E SAMAÍN de Bibliochicharrón Foz

Grazas ás familias pola súa colaboración. 


10/28/2022

O Samaín

 O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta  e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.

É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo. 

Significa "fin do verán".

No Cole celebrámolo da seguinte maneira:

  • Alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria: decoraron cabazas, en familia, e expuxémolas no recibidor do edificio de Salvaddor de Madariaga.
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: decoraron sombreiros, en familia, e expuxémolos no edificio de Eduardo Pondal.  
  • O alumnado de 5º e 6º participou nun "scape room", onde mediante a realización de diversos retos acordes aos contidos curriculares traballados, recibían unha serie de pistas de cara a consecución dun obxectivo final. Estiveron moi entretidos, traballaron en equipo e acordaron a súa recompensa. Foi unha actividade XENIAL!!!!!!!

 O venres 28 as familias que o desexaron pasaron ver as exposicións.

Quedaron xenial. Mirade!!!!

BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz

11/04/2019

TERRORÍFICO SAMAÍN NO CENTRO...

O pasado mércores 30 de outubro realizamos diferentes actividades para animar aos nosos rapaces a disfrutar dun aterrador Samaín...

Comezamos a mañá con lecturas ambientadas polas aulas de Educación Infantil, realizadas polo alumnado de sexto de primaria.

Na aula de primeiro de Primaria, prepararon e degustaron un aperitivo moi misterioso... e en quinto fixeron un obradoiro de medo con historias espantosas!!

Despois do recreo, todo o alumnado de Educación Primaria, acudíu á biblioteca, onde creamos unha atmósfera misteriosa... vimos o corto de OQO da "Bruxa regañadentes" e a continuación disfrutamos da dramatización dos contos que preparou o alumnado de sexto de Primaria.















EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

Que bonito estivo o centro coa exposición de cabazas e vasorias, decoradas especialmente para o Samaín!!!

Dende o Centro damos as grazas ás familias por implicarse e colaborar con nós; así disfrutamos dunhas terroríficas cabazas realizadas polo alumnado de Educación Infantil e dunhas espectaculares vasoiras que trouxo o alumnado de Educación Primaria.

Esta exposición foi complementada por una selección de fondos bibliográficos que animaron aos nosos rapaces a viaxar por historias espeluznantes....!!!












11/04/2018

IV SAMAÍN - 2018

Como xa ven sendo tradicional, o pasado martes 30 de outubro, celebramos o samaín con pernocta no centro en colaboración coa ANPA.

O programa foi o seguinte:

- 18:00 horas, actuación do mago "Clown".

- 19:30 horas, desfile da "Santa Compaña Infantil" polas rúas de Foz.

- 20:30 horas, regreso ao centro do desfile.

- 21:00 horas, cea no centro por cortesía da ANPA.

- 22:30 horas, representación do baile de "Bruxas" pola asociación "O Feitizo".

- 24:00 horas, pernocta no cetro con contos e historias de …. Que medooooo!!!!

- 08:00 horas, almorzo no centro antes de subir ás aulas.























10/30/2017

III SAMAÍN NO CEIP DE FOZ NÚMERO 1

Como en anos anteriores, o pasado xoves 19 de outubro, celebramos no cole, en colaboración coa ANPA, "O Samaín".

O programa foi o seguinte, a partir das 18:30h. :

  • Xuntanza no pavillón deportivo do Centro.
  • " Bruxa" animadora, realizando diversos xogos.
  • Preparación para a saída.
  • Desfile polas rúas de Foz da "III Santa Compaña Infantil".
  • Cea dos rapaces que pernoctaron no centro.
  • Baile de "Bruxas" do Feitizo e brevaxe de meigas.
  • Xogo libre no pavillón.
  • Historias de medo no ximnasio.
  • Acampada no ximnasio.
  • Recollida do material empregado para durmir.
  • Almorzo no comedor a cargo da ANPA e do CEIP.
  • Incorporación ás clases rutinarias.
A actividade segue gustando moito, polo que vos esperamos o vindeiro curso.