Campaña gratuíta de concienciación sobre as inundacións por desbordamento de ríos.
O noso centro escolar está situado nunha zona especialmente vulnerable. Para contribuír a incrementar a concienciación sobre o risco e mellorar a preparación da poboación sobre posibles inundacións, Augas de Galicia está a desenvolver unha serie de accións dentro do Plan de Xestión do Risco de Inundación.
Para chegar a nenas e nenos, deseñaron un obradoiro lúdico para escolares de Educación Primaria. O obradoiro contempla actividades informativas, xogos e reparto de información sobre o Plan.
A duración do mesmo é dunha hora e dispón de actividades adaptadas para 1º e 2º, 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria.
Nós participamos delas hoxe, 14 de outubro, en quendas de 50 minutos.
GOZAMOS MOITO!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario