12/24/2019

10º PROGRAMA DE CHICHARRIÑOS NAS ONDAS: O NADAL

Aquí vai o noso 10º programa de "Chicharriños nas Ondas". Un programa gravado entre o alumnado de quinto e sexto de primaria, adicado ao nadal.... Esperamos que vos guste!


12/23/2019

CHICHARRIÑOS EN RADIO FOZ

Dentro do programa "Radio na Biblio", comezamos unha colaboración con "Radio Foz", onde rapaces voluntarios de quinto e sexto de primaria, acudirán ao longo do curso escolar a realizar programas en directo en dita emisora. 
O pasado xoves 19 de decembro, estrenouse o primeiro destes tres grupos de rapaces acudindo á emisora a gravar o primeiro dos programas. Quedoulles xenial!!
Dende o Centro, queremos agradecer a "Radio Foz", esta oportunidade que lles brindan aos nosos rapaces.

CANTANDO EN INGLÉS...

Menuda sorpresa!!!!! Así apareceron polas clases estes rapaces... Cantándonos panxoliñas en inglés!!





VISITAS NO NADAL!

E como non... non podía faltar o apalpador no noso centro!!, un ano máis, por xentileza da ANPA do Centro, cargadiño de sorpresas, víu visitar aos  pequenos do cole.
E por si fose pouco… tamén víu o carteiro real que recolleu todas as cartas dos nenos e nenas de infantil para que chegasen urxentemente ao seu destino... LAPONIA!!















A NOSA ORIXE

Como en anos anteriores, o noso Centro traballa cun "Proxecto Documental Integrado", proposto pola Biblioteca Escolar, no que participa a totalidade do claustro.
Nesta ocasión, o título elexido é "Foz, xente de aquí e de acolá". Iniciamos o traballo tentando coñecer a orixe do noso alumnado. Así, a principios de trimestre, todos os rapaces, levaron ás súas casas unha ficha de recollida de información da orixe das súas familias.
O venres 20 de decembro, xuntámonos todos na biblioteca para ver de onde proceden os nosos compañeiros. Dirixidos polo alumnado de sexto de primaria, puidemos observar a cantidade de países de procedencia do conxunto de alumnado. 
Fomos marcando os lugares nun mapa que expoñeremos na entrada do colexio.
















SEMANA MAKER

Durante a última semana deste primeiro trimestre, todos os rapaces do centro viñeron ao "Espazo Maker" da biblioteca. Pasáronno en grande!!



















RECREOS MAKER

Durante o mes de decembro, os nosos rapaces puideron disfrutar no "Espazo Maker" do xogo de robótica desenchufada "Robot Turtles". Anotáronse en grupos de catro xogadores como máximo e axudados polos "monitores maker" pasaron un emocionante recreo.
Á volta de vacacións proporemos un novo xogo para divertirse neste espazo.