2/28/2022

Antroido 2022

 No Cole tamén festexamos o Antroido. Non saímos polas rúas de Foz, pero fixemos festa nas aulas e no patio, mantendo as medidas de seguridade vixentes.

Agardamos que o pasaran ben.


Feito con Padlet
ANTROIDO 5º A de Bibliochicharrón Foz

2/25/2022

Día de Rosalía de Castro

 Esta vez a conmemoración do día de Rosalía de Castro adiantouse ao 23 de febreiro pola aparición de documentos que demostran que a súa data de nacemento foi o 23 de febreiro e non o 24.

Durante a semana do 23 de febreiro, nas  aulas tanto de Infantil coma de Primaria, investigaron na súa obra, na música relacionada con ela, leron poemas e fixeron traballos coma os que vemos a continuación.

Agardamos que vos gusten.


Feito con Padlet

2/08/2022

Día de Rosalía de Castro

 Achegámosvos materiais elaborados por diferentes centros escolares para celebrar o dia de Rosalía e ver o que sabedes sobre dela.

Biografía

O rosco de Rosalía 

 Unidade Didáctica Infantil

 Unidade Didáctica 1º e 2º

Unidade Didáctic 3º e 4º 

Unidade Didáctic 5º e 6º 

Esperamos que pasedes un rato entretido e que aumentedes o voso saber  acerca de Rosalía.

2/01/2022

Día Internacional da Paz e non Violencia

 Este curso, como cada ano, as distintas titorías taballaron entorno ao tema A Paz e non Violencia para seguir concienciando ao alumnado sobor da importancia destes valores nas persoas. 

A continuación mostramos os traballos realizados polos nenos e nenas das distintas titorías.

Agardamos que sexan do voso agrado.

O alumnado de sexto de Primaria, elaborou unha serie de Kahoots adaptados aos distintos niveis do centro. 

Nos seguintes enlaces podedes acceder ao reto para valorar os vosos coñecementos sobre esta data tan especial.

 

KAHOOT PARA EDUCACIÓN INFANTIL 

CÓDIGO PIN: 09255846

 

KAHOOT PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CÓDIGO PIN: 02824582

KAHOOT PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CÓDIGO PIN: 0617011

KAHOOT PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CÓDIGO PIN: 01344871

 

 

DÍA DA PAZ de Bibliochicharrón Foz