2/07/2017

XORNAL - O PAPAGAIO

Nova suscripción da biblioteca: Xa temos o xornal "O PAPAGAIO"

Anímate e pásate pola biblioteca!!! 

Vaiche encantar!!!


RECREOS MUSICAIS

Hoxe, martes día 7 de febreiro, disfrutamos doutras sesións de "Recreos Musicais". Nesta ocasión presentou o acto a nosa "Axudanta de Biblioteca" Laura Neira de 6º de Primaria.

Os intérpretes foron os seguintes:

  • Noa e Nuria de 3º de Primaria, interpretaron a peza galega "Muiñeira de Chao", coa frauta e a percusión corporal.
  • Candela e Rocío de 3º de Primaria, cantaron e bailaron dun xeito moi divertido a canción "Ahora sabes que".
  • Sofía Manín de 4º de Primaria, interpretounos unha preciosa peza coa gaita.
Todo un pracer para os nosos oídos!!!!

Recordarvos que a vindeira semana poñemos fin aos "Recreos Musicais".

Non faltedes!!!!









2/06/2017

RECREOS MUSICAIS

E continuamos cos "Recreos Musicais", unha actividade que lles encanta aos nosos rapaces!!

Hoxe, martes 31 de xaneiro, tivemos as seguintes actuacións:

  • Candela e Elena de terceiro de primaria, interpretaron e coreografiaron a canción "Tanto tiempo caminando junto a ti".
  • Alba de 6º, Helena de 5º e Mariña de 4º de primaria, cantaron e bailaron "Cubanita", unha peza de canto coral, a capela.
O VINDEIRO MARTES MÁIS!!!!