10/26/2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025.   
 
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na LOITA CONTRA A DESINFORMACIÓN.

Nós, o venres 24 de outubro, conmemoramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS centrándonos no estudo de Castelao, xa que este ano cúmprese o 75 aniversario de seu falecemento.

Realizamos as seguintes actividades:

  • Compuxemos un gran mural con escenas sacadas do seu libro "Cousas da vida". Imprimíronse en A3 e o alumnado encargouse de darlles cor. Tema relacionado co noso PDI "Todos pintamos algo" e Castelao foi un gran caricaturista.
  • 6º de Primaria, en equipos de cinco persoas, elaboraron unha presentación en canva , dous taboleiros de robótica (Matata lab) e dous "Memory" sobre a vida e obra do escritor. Cada equipo expuxo a súa presentación aos cursos de Primaria que pasaron pola biblioteca en varias quendas. Explicáronlles tamén os xogos e xogaron con eles.
  • Un dos equipos de 6º preparou un conto co que agasallou ao alumnado de Infantil.
  • 5º e 6º de Primaria deseñaron e elaboraron chapas coa caricatura de Castelao para agasallar ao alumnado, profesorado e persoal non docente que traballa no cole.
  • Entregamos as "Mochilas viaxeiras" e as "Bolsiñas" de Infantil.
  • Explicamos, xunto cos axudantes, o funcionamento da biblioteca e invitámolos a facer uso dela.

As actividades desenvolvéronse en coordinación os equipos de Biblioteca, de Lingua Galega, de Extraescolares e o de Polos Creativos.    

FOI UNHA XORNADA MOI AMENA!!!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario