Aquí temos o 15 programa de "Chicharriños nas Ondas". Nesta ocasión, o alumnado de quinto de primaria, investigou e elaborou o programa sobre que é o coronavirus e outros aspectos relacionados.
Aqui van algunhas fotos do proceso de gravación:
Biblioteca Escolar - C.E.I.P. Plurilingüe de Foz Nº1
Aquí temos o 15 programa de "Chicharriños nas Ondas". Nesta ocasión, o alumnado de quinto de primaria, investigou e elaborou o programa sobre que é o coronavirus e outros aspectos relacionados.
Aqui van algunhas fotos do proceso de gravación:
Aí van as recomendacións para estas vacacións, esperamos que disfrutedes moito con elas!
O pasado luns 30 de novembro, os nosos colaboradores de biblioteca de quinto e sexto de primaria, realizaron un obradoiro de radio que nos conceden pola participación no programa "Radio na biblio" dentro do contexto do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.
O obradoiro foi impartido por Lucía Abarrategui (licenciada en Comunicación Audiovisual) e Sergio Pascual (licenciado en Xornalismo).
Con eles realizamos diferentes actividades relacionadas coa respiración, vocalización, dicción... e preparamos unha gravación con efectos de son.
Aquí vai o resultado:
GRAVACIÓN 5º - GRUPO BIBLIOTECA
GRAVACIÓN 5º - GRUPO SALÓN ACTOS
GRAVACIÓN 6º - GRUPO BIBLIOTECA
GRAVACIÓN 6º - GRUPO SALÓN ACTOS
E así empezamos a traballar co noso "Espazo Maker"... nun ano marcado polo protocolo Covid, no que a imposibilidade de poder compartir, realizar traballos en grupo, manipular os diferentes materiais se fai moi dificil e nos leva a reinventarnos creando novas estratexias para que a aprendizaxe siga adiante.
O curso comezou con "robótica desenchufada", unha metodoloxía de traballo que nos permite coñecer o mecanismo de codificación dun robot sinxelo.
Agora que xa aprendemos e entendemos como se codifica o movemento dun robot, realizamos diferentes retos programando os escornabots que temos na biblio.
Aí van unhas imaxes do proceso:
Os nosos colaboradores de "Radio na biblio" xa pasaron polo laboratorio de radio, para preparar os programas en directo e amenizar aos seus compañeiros e mestres no tempo de recreo.