10/26/2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025.   
 
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na LOITA CONTRA A DESINFORMACIÓN.

Nós, o venres 24 de outubro, conmemoramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS centrándonos no estudo de Castelao, xa que este ano cúmprese o 75 aniversario de seu falecemento.

Realizamos as seguintes actividades:

  • Compuxemos un gran mural con escenas sacadas do seu libro "Cousas da vida". Imprimíronse en A3 e o alumnado encargouse de darlles cor. Tema relacionado co noso PDI "Todos pintamos algo" e Castelao foi un gran caricaturista.
  • 6º de Primaria, en equipos de cinco persoas, elaboraron unha presentación en canva , dous taboleiros de robótica (Matata lab) e dous "Memory" sobre a vida e obra do escritor. Cada equipo expuxo a súa presentación aos cursos de Primaria que pasaron pola biblioteca en varias quendas. Explicáronlles tamén os xogos e xogaron con eles.
  • Un dos equipos de 6º preparou un conto co que agasallou ao alumnado de Infantil.
  • 5º e 6º de Primaria deseñaron e elaboraron chapas coa caricatura de Castelao para agasallar ao alumnado, profesorado e persoal non docente que traballa no cole.
  • Traballo de investigación en titorías.
  • Entregamos as "Mochilas viaxeiras" e as "Bolsiñas" de Infantil.
  • Explicamos, xunto cos axudantes, o funcionamento da biblioteca e invitámolos a facer uso dela.

As actividades desenvolvéronse en coordinación os equipos de Biblioteca, de Lingua Galega, de Extraescolares e o de Polos Creativos.    

FOI UNHA XORNADA MOI AMENA!!!





















10/20/2025

UN MAR DE DIVERSIDADE

 A asociación Guillem Veiga Iglesias, de Barreiros, prestadora de recursos sociais, leva a cabo un proxecto titulado "UN MAR DE DIVERSIDADE". Con este proxecto pretende aproximar á infancia o concepto de DIVERSIDADE. O obxectivo é que os nenos "vivan" as diferentes discapacidades en primeira persoa para empatizar, despertar o interese na diferenza e nas dificultades que a sociedade lle impón a estas persoas e perder o medo a relacionarse con xentes diferentes. En definitiva, entender e valorar a diversidade en xeral en todos os ámbitos da vida.

O venres 17 de outubro realizaron unha fermosa actividade no pavillón do noso cole para o alumnado de 4º de Primaria.  Montaron unha serie de stands onde aprendían a recoñecer as trabas coas que se pode atopar o alumnado con diversidade funcional: motóricos, xordos, invidentes ou persoas con autismo.

A actividade estaba organizada en tres partes:

  • Presentación sobre as características do noso mar e a riqueza da diversidade.
  • Primeira parte do circuíto, onde os grupos circulan polos stands.
  • Segunda parte do circuíto, para seguir circulando polos stands.

Tiveron que enfrentarse a algúns deses retos e experimentar a discapacidade en primeira persoa.

Actividades moi interesantes para fomentar a INCLUSIÓN,  entender e apreciar a DIVERSIDADE.













CIBERSEGURIDADE

 O mércores 15 de outubro, o alumnado de 4º de Primaria achegouse ao CENIMA para participar nunha actividade sobre "Ciberseguridade" ofrecida polo Centro Nacional de Ciberseguridade.

Despois dunha charla informativa practicaron a teoría con diversos xogos.

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA E INTERESANTE!!!








10/14/2025

AUGAS DE GALICIA

 Campaña gratuíta de concienciación sobre as inundacións por desbordamento de ríos.

O noso centro escolar está situado nunha zona especialmente vulnerable. Para contribuír a incrementar a concienciación sobre o risco e mellorar a preparación da poboación sobre posibles inundacións, Augas de Galicia está a desenvolver unha serie de accións dentro do Plan de Xestión do Risco de Inundación.

Para chegar a nenas e nenos, deseñaron un obradoiro lúdico para escolares de Educación Primaria. O obradoiro contempla actividades informativas, xogos e reparto de información sobre o Plan.

A duración do mesmo é dunha hora e dispón de actividades adaptadas para 1º e 2º, 3º, 4º , 5º e 6º  de Primaria.

 Nós participamos delas hoxe, 14 de outubro, en quendas de 50 minutos.

GOZAMOS MOITO!!!!!
















PROMOCIÓN DA CULTURA MARÍTIMO-COSTEIRA DE GALICIA

 O venres 10 de outubro, a compañía Micromina Teatro de títeres viaxou ao noso centro para realizar a representación da obra de títeres "Peixe fresco do día".

 Ésta actividade debeuse a que o noso cole está incluído no programa "Promoción da cultura marítimo-costeira de Galicia, promoción e difusión da sostibilidade e da alimentación saudable a través do teatro de títeres" organizado pola asociación cultural Tanque de Zinc de Mondoñedo.

A obra durou uns 40 minutos, dirixiuse ao público de Infantil e 1º Ciclo de Primaria e promovía entre o alumnado e dun xeito lúdico os seguintes obxectivos:

  • O coñecemento da cultura marítimo-pesqueira de Galicia.,
  • a sostibilidade económica e medioambiental, e
  • a importancia de seguir unha dieta saudable que inclúa produtos do mar.


GOZAMOS MOITO!!!!!! GRAZAS!!!!!!