4/29/2019

PODCAST DA RADIO NA BIBLIO

O pasado mes de abril, estivemos traballando para a gravación de tres programas de radio cos que participamos no "I Concurso de Podcast - Radio na Biblio", convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Na elaboración destes programas, participou alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

O guíon do primeiro podcast, elaborouno o Equipo de Biblioteca e gravaron o programa "A máquina do tempo".
Os rapaces de cuarto e sexto, investigaron sobre as temáticas tratadas e xunto coas mestras do Equipo de Biblioteca gravaron os programas.

Nos seguintes enlaces podedes escoitar os programas:

PROGRAMA Nº4: "A MÁQUINA DO TEMPO".

PROGRAMA Nº5: "A CONTAMINACIÓN DOS PLÁSTICOS".

PROGRAMA Nº6: "LENDAS DE FOZ".

Por se vos apetece seguir escoitando... deixamos colgada a entrevista completa do supermercado e a canción da reciclaxe, interpretada por Esmeyli Arias, unha alumna do centro. Non puidemos poñer estes traballos completos nos programas por mor da limitación de tempo, pero merece a pena escoitalos...

ENTREVISTA NO SUPERMERCADO.

CANCIÓN DA RECICLAXE.









Ningún comentario:

Publicar un comentario