E como non...
non podían faltar os "Apadriñamentos Lectores" polo "Día do libro".
Ésta é una das actividades máis entrañables, bonitas e gratificantes que facemos cos nosos rapaces. Ano tras ano, os nenos maiores, apadriñan a un e nalgún caso dous afillados para lerlles contos que seleccionaron previamente para eles. E por se fose pouco… os afillados agasallan aos seus padriños cuns marcadores feitos por eles.
Nos exteriores do centro, buscan un recunchiño para compartir as lecturas. Cando rematan, padriños, madriñas e afillados, comparten un pequeno tempo de xogo.
Aí van as fotos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario