5/22/2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio foi o día mundial contra o acoso escolar e os nenos e nenas de 3º organizaron para todo o alumnado, unha xornada de concienciación sobre este problema.
Comezaron definindo que é o acoso e explicando os diversos tipos que hai, así como dando consellos de como actuar, tanto se es vítima, testemuña ou agresor.
A continuación visionamos un corto que nos fixo reflexionar.
Tamén contaron o conto "Hoy no juegas", de Pilar Serrano e Canizales.
Posteriormente realizaron un experimento cunhas mazás para observar o dano que fai o acoso.
Para rematar, cantaron e bailaron a ritmo de rap a canción "Se buscan valientes".



























Ningún comentario:

Publicar un comentario