O 30 de
xaneiro celebrouse un
acto no colexio co
fin de conmemorar o Día escolar
da non violencia e da paz.
Nesta ocasión os rapaces e
rapazas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de levalo a cabo e
expoñérllelo o resto do alumnado..
O alumnado de 2º comezou cunha breve
exposición sobre a figura de Gandhi, o recordo
dalgunha
das súas frases
máis célebres e unha reflexión sobre o
que é paz para eles e elas.
A continuación os
nenos e nenas de 1º fixeron unha lectura dramatizada sobre o libro “ A Galiña
azul”, de Carlos Casares.
Logo proxectouse unha curta
titulada “Chámome Paz”, que falaba da vida dunha nena nun país en guerra. A
dobraxe foi feita polo alumnado de 2º.
Despois os nenos e nenas de
1º recitaron un pareados que eles mesmos compuxeron.
Finalmente os rapaces e
rapazas de 1º e 2º interpretaron o poema
“Cantarola dos Nenos”, de Xosé Neira Vilas.
Para
rematar o acto, todos os nenos e nenas
do colexio cantaron a canción “Campás pola Paz”, de Migallas, que previamente
prepararon nas clases de música.
Os rapaces e rapazas de 6º tamén traballaron
en torno ao tema da paz no mundo
compoñendo
os seguintes murais:
Ningún comentario:
Publicar un comentario