12/11/2014

Qontos en movemento

Contos e cine danse a man para presentar Qontos en movemento, unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar os medios audiovisuais nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión.

O pasado 3 de decembro, acompañounos "Raquel" da editorial OQO para realizar un obradoiro cos rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Nese obradoiro os nenos e nenas traballaron criterios e coñecementos para identificar planos, secuencias, estructura ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro do filme.
Traballaron a partir das curtametraxes "Un gato na árbore" e "A bruxa regañadentes". Adaptacións do libro do mesmo título incluídas na serio "Os contos do camiño".

A animación lectora tamén se pode realizar desde a educación audiovisual!


Ningún comentario:

Publicar un comentario