1/09/2017

DESPEDIDA DO PRIMEIRO TRIMESTRE: O APALPADOR

O pasado 21 de decembro, pola mañá, ben cediño, visitounos Anxo Moure, "O Apalpador", por xentileza da ANPA do centro. Repartimos os nenos en dúas sesións para que puideran disfrutar máis da súa cercanía.              
A continuación, a ANPA, convidou a todo o alumnado e profesorado do centro a degustar un vasiño de chocolate con churros. Estaba boíiiiiisimooooo!!!!
























12/15/2016

GUÍA DE LECTURA - NADAL 2016

Estimadas familias,

Despedimos o trimestre cunhas recomendacións lectoras para estes días de vacacións. Esperemos que vos gusten, que disfrutedes do tempo de lecer e volverémonos ver no 2017. Boas vacacións!


Podes ver a guía na sección de biblioteca, na páxina web do cole, pinchando no seguinte enlace:

Web CEIP de Foz número 1 - Sección de Biblioteca: Novidades.


































12/12/2016

SEMANA DA CONSTITUCIÓN E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA

A semana do 5 ao 9 de decembro, nas distintas aulas traballouse sobre a "Constitución e a Autonomía Galega".
Nesta ocasión foron os rapaces de 3º e 4º os que elaboraron o traballo para expoñerllelo ao resto do cole o día 7 de decembro, despois do recreo, reunidos na biblioteca.

  •  Exposición de recursos documentais para traballar a temática a conmemorar.
  •  3º de Educación Primaria: Centraron o seu trabalo nos dereitos e deberes da infancia.
    • Lectura do conto "La carta de los deseos", no que quixeron reflexar como os dereitos da infancia non se respectan por igual en todos os países. Intentando encontrar unha solución a esto, cada neno, que representaba a un país, escribíu unha carta expresando os seus desexos e tamén os seus compromisos. A carta entregáronlla ao mandatario de cada país. 
    • Cada alumno leu a súa propia carta.
    •  Finalmente tiraron avións de papel como símbolo de transmisión do dereito que teñen polo simple feito de ser nenos: "Temos dereito a xogar con outros nenos e nenas".
  • 4º de Educación Primaria: Centraron o seu traballo na Constitución Española.
    •  Que é?
    • Cando se aprobou?
    • Distintos artigos.
    • Cada neno copiou un artigo nunha cartolina e fixo un debuxo alusivo.
    • Confeccionaron uns murais con símbolos de España, cos distintos poderes do estado,...
    • Cantaron a canción "Que canten los niños" de José Luis Perales.
  • Exposición no centro dos murais e traballos elaborados.