Nesta ocasión foron os rapaces de 3º e 4º os que elaboraron o traballo para expoñerllelo ao resto do cole o día 7 de decembro, despois do recreo, reunidos na biblioteca.
- Exposición de recursos documentais para traballar a temática a conmemorar.
- 3º de Educación Primaria: Centraron o seu trabalo nos dereitos e deberes da infancia.
- Lectura do conto "La carta de los deseos", no que quixeron reflexar como os dereitos da infancia non se respectan por igual en todos os países. Intentando encontrar unha solución a esto, cada neno, que representaba a un país, escribíu unha carta expresando os seus desexos e tamén os seus compromisos. A carta entregáronlla ao mandatario de cada país.
- Cada alumno leu a súa propia carta.
- Finalmente tiraron avións de papel como símbolo de transmisión do dereito que teñen polo simple feito de ser nenos: "Temos dereito a xogar con outros nenos e nenas".
- 4º de Educación Primaria: Centraron o seu traballo na Constitución Española.
- Que é?
- Cando se aprobou?
- Distintos artigos.
- Cada neno copiou un artigo nunha cartolina e fixo un debuxo alusivo.
- Confeccionaron uns murais con símbolos de España, cos distintos poderes do estado,...
- Cantaron a canción "Que canten los niños" de José Luis Perales.
- Exposición no centro dos murais e traballos elaborados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario