3/03/2017

RECREOS MUSICAIS

Para rematar as actuacións musicais da primeira serie de recreos lúdicos tivemos o pasado 16 de febreiro, a uns grandes artistas dandoo todo no escenario:

  • Bruno de 5º de primaria interpretou unha peza co saxo.
  • Mariña de 4º de primaria deleitounos cunha peza de piano.
  • Carolina, Esmeyli, Lara, Lucía e Ainhoa de 2º de primaria cantaron a canción " Andas en mi cabeza".
  • Ainhara, Sofía Rodil e Antía Paz de 4º de primaria cantaron e coreografiaron a canción "Esta noche yo quiero bailar".
Estes recreos musicais foron moi ben acollido polo alumnado tanto para os intérpretes como para o público que acudiu á biblioteca velos.





















2/07/2017

XORNAL - O PAPAGAIO

Nova suscripción da biblioteca: Xa temos o xornal "O PAPAGAIO"

Anímate e pásate pola biblioteca!!! 

Vaiche encantar!!!


RECREOS MUSICAIS

Hoxe, martes día 7 de febreiro, disfrutamos doutras sesións de "Recreos Musicais". Nesta ocasión presentou o acto a nosa "Axudanta de Biblioteca" Laura Neira de 6º de Primaria.

Os intérpretes foron os seguintes:

  • Noa e Nuria de 3º de Primaria, interpretaron a peza galega "Muiñeira de Chao", coa frauta e a percusión corporal.
  • Candela e Rocío de 3º de Primaria, cantaron e bailaron dun xeito moi divertido a canción "Ahora sabes que".
  • Sofía Manín de 4º de Primaria, interpretounos unha preciosa peza coa gaita.
Todo un pracer para os nosos oídos!!!!

Recordarvos que a vindeira semana poñemos fin aos "Recreos Musicais".

Non faltedes!!!!









2/06/2017

RECREOS MUSICAIS

E continuamos cos "Recreos Musicais", unha actividade que lles encanta aos nosos rapaces!!

Hoxe, martes 31 de xaneiro, tivemos as seguintes actuacións:

  • Candela e Elena de terceiro de primaria, interpretaron e coreografiaron a canción "Tanto tiempo caminando junto a ti".
  • Alba de 6º, Helena de 5º e Mariña de 4º de primaria, cantaron e bailaron "Cubanita", unha peza de canto coral, a capela.
O VINDEIRO MARTES MÁIS!!!!






1/30/2017

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



Un ano máis, o trinta de xaneiro, celebramos o día internacional da paz e non violencia.
Este curso correspondeulles aos alumnos de Educación Infantil a súa preparación e a exposición para todos nós. 

Sabedes por qué celebramos o 30 de xaneiro o día escolar da non violencia e da paz?  

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celebramos este día, para recordar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz.

As actuacións foron as seguintes: 

  • Educación Infantil de 3 e 4 anos, deleitaronnos coa canción "Cantarela dos nenos".
  • Educación Infantil de 5 anos, elaboraron un noticieiro pola paz.
  • Todo o alumnado de Infantil cantaron a canción "Tu enemigo" de Juanes e Pablo López. 


Despois da actuación do alumnado de Infantil, todos cantamos unha canción adicada ao pobo sirio devastado pola guerra e obrigado a fuxir das súas casas e vagar polo mundo. 



















 

1/26/2017

RECREOS MUSICAIS

Este curso, organizamos unha actividade moi demandada polos nenos nos recreos, como son "Os recreos musicais".
Hoxe martes 24 de xaneiro, disfrutamos moito do primeiro recreo escoitando tres actuacións.
Da presentación encargáronse os nosos axudantes de biblioteca Lois e Salwa de 6º de Primaria.

Nesta ocasión actuaron os seguintes rapaces:

- Miguel de 5º de Primaria, deleitounos coa "Muiñeira de Chao" interpretada coa gaita.
- Ainhoa e Sofía Rodil de 4º de Primaria, cantaron moi melodiosamente a canción de "Alas".
- Noa, Nuria e Alice de 3º de Primaria, entoaron de marabilla a canción de "Frozen".

Todo un pracer!!! Moitas grazas rapaces!!!

Para o vindeiro martes mais recreos musicais!!!