2/07/2017

RECREOS MUSICAIS

Hoxe, martes día 7 de febreiro, disfrutamos doutras sesións de "Recreos Musicais". Nesta ocasión presentou o acto a nosa "Axudanta de Biblioteca" Laura Neira de 6º de Primaria.

Os intérpretes foron os seguintes:

  • Noa e Nuria de 3º de Primaria, interpretaron a peza galega "Muiñeira de Chao", coa frauta e a percusión corporal.
  • Candela e Rocío de 3º de Primaria, cantaron e bailaron dun xeito moi divertido a canción "Ahora sabes que".
  • Sofía Manín de 4º de Primaria, interpretounos unha preciosa peza coa gaita.
Todo un pracer para os nosos oídos!!!!

Recordarvos que a vindeira semana poñemos fin aos "Recreos Musicais".

Non faltedes!!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario