6/11/2026

EXPOSICIÓN "TECENDO REDES: MIGRACIÓN, ARTE E LUGO"

 Onte, 10 de xuño, a meirande parte do alumnado do cole, acudimos ao CENIMA a gozar desta extraordinaria exposición.

Reúne propostas artísticas de Pedro Cantero, Alisa Smeirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruíz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni. Todos eles emigrantes.

Esta exposición ofrece un espazo aberto á "participación, convivencia e diálogo" entre os autores e o público.

Esta oferta artística está impulsada pola Rede Museística Provincial xunto coa Asociación Rioplatenses de Lugo, no marco do proxecto Museo da Migración.

Alí acudimos en tres quendas e recibiunos Silvia. Fíxonos unha excelente explicación da exposición partindo da Historia dunha nena chamada Mia,  interactuando e dialogando co alumnado. 

Esta visita podemos encadrala dentro do traballo do PDI "Todos pintamos algo". Nós nos colaboramos na súa elaboración, pero os artistas tiñan unhas características especiais e expoñían unha gran diversidade de traballos.

Gustounos moito!!! Grazas polo traballo!!!


























Ningún comentario:

Publicar un comentario