O alumnado de Infantil e os seus mestres elaboraron un gran mural na entrada do edificio de Infantil, recordándonos que o 20 de novembro celebramos
O DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.
Nel colaboraron nenos e nenas de outros cursos.
Destacamos OS DEREITOS e DEBERES de toda a INFANCIA e que eles son o presente e o futuro do Mundo.
Comezamos o Día todos xuntos con música no patio cuberto e continuamos con traballo de aula relacionado con esta temática e así visualizar as necesidades mundiais deste sector da poboación.
"Ensinemos aos nenos e non será necesario castigar aos homes" (Pitágoras).
Ningún comentario:
Publicar un comentario