9/02/2024

DERRADEIRAS NOVAS DO CURSO 2023/24

 O pasado 14 de xuño no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela tivo lugar a entrega de premios do XX Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil convocado por La Voz de Galicia. Nel resultaron gañadores na categoría Infantil A dous alumnos de 2º de Primaria do noso Centro: Martín Vázquez Couto (1º premio) e Dídac García Díaz (2º premio).












Falláronse tamén no mes de xuño os premios da fase local do Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2024 convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo. O tema proposto era "Ler para pensar, pensar para ser libres". Na categoría A obtiveron premio varios alumnos de 2º de Primaria.
En Debuxo o 1º foi para Aldara Sánchez Rodríguez e en Narración o 1º para Roma Valhermoso Ramírez, o 2º para Dídac García Díaz e o 3º para Aldara Sánchez Rodríguez.
Marta, a bibliotecaria municipal, e Inés, concelleira de Cultura do Concello de Foz, entregáronlles os premios neste cole e toda a clase posou para unha foto do acto.
 

PARABÉNS PARA OS PREMIADOS!!!!!!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario