5/07/2024

COÑEZO E COIDO A CONTORNA: A APICULTURA

 O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria traballaron unha parte do PDI anual "Coñezo e coido a contorna" adicado ás abellas e a todo o que as rodea: "A apicultura".

 

  • Solicitouse a colaboración das familias para que aportaran todo tipo de materiais tanto necesarios para traballar coas abellas como bibliográficos. Todo o aportado expúxose no recibidor do colexio tanto para ser visibilizado, como para traballar con el nas aulas.

  • O alumnado realizou pequenos proxectos de aula.
  • Para rematar o Proxecto, completouse a exposición inicial cos traballos realizados nas aulas.

A APICULTURA de Bibliochicharrón Foz

Todos os nenos e nenas pasaron pola exposición, ben sos ou acompañados polos seus mestres.

Gustounos moito, noraboa aos participantes.

Hoxe, 8 de maio, visitounos Beatriz do Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" para darlles unha charla ao alumnado de Primaria sobre a apicucultura. Trouxo varios materias necesarios nesta actividade e agasallos para cada neno: mel e bolsiñas.

 






E se queredes saber algo máis deste consello regulador éste é o enlace:

Mel de Galicia

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario