6/30/2022

PDI: "A MÚSICA"

Rematado o curso puidemos disfrutar dunha exposición que recollía os diferentes traballos realizados no centro para o Proxecto Documental Integrado: "A música".

 Un traballo enriquecedor, onde os rapaces guiados polos seus mestres, investigaron, deseñaron, crearon e elaboraron uns traballos estupendos. Así coñecimos as características principais da música dos diferentes continentes, cantigas populares de Galicia, a música a través dos contos, un divertidísimo xogo no que o alumnado debía distinguir as características musicais de diferentes estilos rock, pop... amenizando o ambiente!!! Ademais dun Scape Room na biblioteca; e como no... a Operiña! Un espectáculo único, onde o alumnado participou dentro dunha ópera, xunto con cantantes, actrices e músicos profesionais! 

 Noraboa a todos polo fantástico traballo... e agora disfrutade do verán! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario