4/22/2020

DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DE 2020

Como cada 23 de abril dende o 1988 celébrase a nivel internacional este día adicado a fomentar a lectura e o dereito de autor.
No noso cole xa eran tradicionais os apadriñamentos lectores, este ano non nos queda máis remedio que botalos moito de menos... Pero non por iso ímos deixar de conmemorar este día, así que ocurríusenos que xa que soíades escoitar ou contar contos.... que o podedes seguir facendo!

A proposta é que aos que lles apeteza contar... poden gravar un vídeo contando un conto ou tamén si prefires... recomendar algunha lectura. E aos que lles apeteza escoitar... esperar polos vídeos dos seus compañeiros que seguro vos van encantar!!
E xa que estamos na casa... a proposta vai para toda a comunidade educativa... podedes ler individual, en familia, papas, profes...

Para envíar o vídeo, teredes que subilo a unha plataforma en internet (google drive, youtube...) e enviar o enlace do vídeo ao correo da biblioteca (ceipdefozn1@gmail.com).

Para animarvos a contar... os profes de biblio tamén quixemos participar, así que algúns contamos e outros recomendamos...





Deixámosvos tamén, o díptico que edíta cada ano a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para conmemorar este día.
O texto deste ano foi creado por Manuel Gago no que nos dí "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".
A imaxe do díptico é do profesor Harold Iglesias, fotografía a un "chasco común". Podedes escoitar o seu canto no enlace, o seu canto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario