6/18/2019

DESPEDIDA DA BIBLIOTECA

Rematado o teatro de pais, continuamos coa despedida da biblioteca.

En primeiro lugar demos a coñecer as gañadoras do concurso da Radio Escolar "Poñemos nome á nosa radio".
O xurado, visto o empate que había entre dous nomes, decidíu dar dous premios e que o nome definitivo fose unha mestura de ámbos. Así as premiadas foron:

- Paula López Pérez de 1º de Primaria, co nome: "Don Chicharrón na onda".

- Antía Castro López de 6º de Primaria, co nome: "Chicharriños faladores".

O nome definitivo para a nosa Radio Escolar é...

CHICHARRIÑOS NAS ONDAS!!!!

Parabéns ás dúas polo seu inxenio!!





A continuación, fixemos a máis que merecida despedida dos nosos "Axudantes de Biblioteca". Un por un, foron subindo ao escenario onde recibiron un gran aplauso e un pequeno detalliño pola súa dedicación. Noraboa a todos!!!

Ademáis, o alumnado de sexto, sorprendéronnos a todos cunha emotiva despedida onde cada un deles adicou unhas palabras que nos fixeron chorar.... Desexámosvos moita sorte na nova etapa e non esquezades vir de cando en vez... SORTE!
































Ningún comentario:

Publicar un comentario