2/05/2019

CIENCIA NO NÚMERO 1


PEQUENOS GRANDES CIENTÍFICOS


Ao longo do pasado mes de decembro o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou uns pequenos experimentos na aula. A actividade resultou moi motivadora, interesante e divertida.

Eiquí tedes una mostra dese traballo:

- TAPA DE PAPEL E A AUGA NON CAE!!!

Botamos auga nun vaso, tapámolo cun papel resistente, suxeitamos o vaso cunha man e o papel coa palma da outra e dámoslle a volta con coidado ata poñer o vaso boca abaixo. lentamente quitamos a man que suxeita o papel e... sorpresa!!! A auga non se derrama!!

- AUGA QUE SUBE E MISTURA CORES.

Colocamos sete vasos en ringleira facendo una serie:

Con auga e colorante vermello - baleiro,
con auga e colorante amarelo - baleiro,
con auga e colorante azul, baleiro,
con auga e colorante vermello, baleiro.
Unimos os vasos con papel de cociña en tiras e …. mirade cantas cores!!

- FLORES MÁXICAS.

Metemos caraveis e margaridas brancas en auga con distintos colorantes alimentarios e ao pouco tempo... as frores mudan de cor!!!

Verdade que a ciencia mola?













Ningún comentario:

Publicar un comentario