3/05/2018

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar a data adícada a Rosalía de Castro realizamos as seguintes actividades:

  • "ROSALÍA NA RADIO": O venres 23 de febreiro alumnado de primeiro curso de Primaria acudíu á radio, acompañado das súas titoras, para ler poemas da autora previamente traballados na aula.
  • "ROSALÍA NAS AULAS": O luns 26 de febreiro os alumnos de quinto curso de Primaria, en grupos de dous ou tres rapaces, acudiron ás aulas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Primaria recitarlles poemas seleccionados previamente e realizar unha actividade posterior con eles.
  • "ROSALÍA NA RÚA": O luns 26 de febreiro os alumnos de sexto curso de Primaria recitaron poemas seleccionados por eles, na Avenida da Mariña con acompañamento musical de Amancio Prada. A este recitado uníronse  pais voluntarios con poemas seleccionados por eles.
  • "ROSALÍA NO CENTRO DE DÍA": O martes 27 do mesmo mes, os alumnos de cuarto curso de Primaria seleccionaron poemas da autora, elaboraron murais e foron ilustrar aos anciáns do centro de día co traballo realizado.










Ningún comentario:

Publicar un comentario