Un ano máis e como ven sendo tradicional no noso centro, celebramos o día das letras galegas cunhas actuacións teatrais. Durante unhas semanas, profes e nenos, traballan intensamente para que todos podamos disfrutar delas.
Este ano, por parte dos nenos de infantil puidemos disfrutar de tres cancións coreografíadas e unha escenificación dos nenos de 5 anos:
- Infantil 3 anos A: Canción “A miña tía”.
- Infantil 3 anos B: Canción “Unha vella tiña un can”.
- Infantil 4 anos: Canción “Métete baixo o mar”.
- Infantil 5 anos: Homenaxe a Rosalía de Castro coa
dramatización de “Negra Sombra”, “A barbería que tolería”,
interpretación da canción “Un canto a Galicia” con voces das
nais e acompañamento con dúas guitarras por parte de dous
pais (pais e nais de alumnos desta clase).
Ningún comentario:
Publicar un comentario