2/06/2014

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz. 
Para a conmemoración deste día todo o centro uníu o seus esforzos para traballar a educación documental co tema "A inmigración". O equipo de  biblioteca elixiu este tema porque temos unha porcentaxe significativa de alumnado procedente doutros países, polo que nos pareceu interesante investigar sobre o tema.

O traballo repartiuse da seguinte maneira entre os distintos cursos:

INFANTIL:

- Elaboración dun mural e unha árbore sobre a paz "Todos pola paz".
- Móbil de banderines con debuxos e palabras relacionadas coa paz.
- Coroas coa pomba da paz.

PRIMARIA:

- 1º curso: creacción literaria con mural decorativo.
- 2º curso: reflexións sobre a inmigración con debuxo e texto.
- 3º curso: mural con torbellino de ideas reflexionando sobre o por que da inmigración.
- 4º curso: murais con debuxos solidarios e textos.
- 5º curso: mural informativo sobre os países de procedencia dos alumnos do centro e mural con símbolos relacionados coa paz.
-  6º curso: mural con información recollida nos xornais sobre "La injusticia de la migración"
- Aula de inglés: mural informativo sobre Mandela, Ghandi, Luther King.
- Aula de plástica:debuxo da bola do mundo para o mural central da exposición, no que se sinalou os países de procedencia do alumnado inmigrante do centro.
- Aula de música: Traballo en torno á canción "Papeles mojados", de Chambao.

CELEBRACIÓN O DÍA 30 DE XANEIRO:
 
 Para conmemorar esta data o xoves 30 de xaneiro fixemos as seguintes actividades:
- O alumnado de infantil e 1º ciclo reunímolo no salón de actos nunha sesión despois do recreo, para o visionado de "cortos" relacionados co día da paz: "Un chocolate muy especial", "Flores sin fronteras" e "A guerra de las flores".
- O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria reunímolo á segunda sesión da mañá no salón de actos para ver a película "Cadena de favores". O visionado deste film deu lugar a un posterior debate nas aulas de referencia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario