3/23/2011

2ª SESIÓN DE PRIMARIA: DEREITOS DOS NENOS

A segunda sesión deste trimestre adícámola aos dereitos do neno, tendo en conta a proximidade das visitas ao día da paz.
Todos traballaron este tema a través de distintas actividades.
Os nenos do terceiro ciclo viron un documental moi interesante, "Binta e a gran idea", sobre a educación nun poboado africano, despois falamos sobre ela e fixeron unha ficha.
Cos nenos do segundo ciclo lemos o libro "Tengo derecho a ser niño", fixemos un posterior coloquio e unha ficha.
No primeiro ciclo lemos o conto da editorial OQO "A guerra dos números" co posterior coloquio e ficha do mesmo.










Ningún comentario:

Publicar un comentario