11/28/2022

25 DE NOVEMBRO: A VIOLENCIA NON É O CAMIÑO

 Soando de fondo o tema "La puerta violeta" de Rozalen, para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de 3º e 4º de Primaria homenaxeou as mulleres asasinadas no que vai de ano (37). Para isto comezaron a xornada facendo unha reflexión sobre as frases que máis escoitamos para reinvidicar estes feitos. A continuación, acorde co PDI anual , vincularon este día co "Camiño", representando o nome das mulleres asasinadas en cadansúa cuncha dos peregrinos. Todos xuntos tomamos unha decisión: A VIOLENCIA NON É O CAMIÑO".

Finalmente repartiron unhas chapas conmemorativas que eles mesmos deseñaron e elaboraron.

Ademais disto, nas diferentes titorías traballouse este tema intentando concienciar ao alumnado da importancia de que nada se soluciona con violencia: "O DIÁLOGO É O CAMIÑO"


25 DE NOVEMBRO: A VIOLENCIA NON É O CAMIÑO de Bibliochicharrón Foz

 

Continuando coas celebracións desta data, o mesmo alumnado de 3º e 4º recibiu unha visita moi especial: dúas usuarias do Centro de Maiores de Foz, Concha e Lola. Viñeron contarnos as súas vivencias como mulleres traballadoras e adiantadas á época na que lles tocou vivir. Falaron da desigualdade que había entre homes e mulleres e as dificultades coas que se atoparon. Para rematar, contáronlles un conto e aproveitaron para recordar a súa etapa escolar.

Esta actividade está englobada no Proxecto de Igualdade da ANPA do noso Centro.

Concha e Lola un exemplo a seguir!!!!! BRAVAS!!!!!

 

CONTOS NO CAMIÑO de Bibliochicharrón Foz

11/14/2022

Magos Sara e Carlos

 Continuando coa actividade de IGUALDADE proposta pola ANPA, hoxe tivemos unha hora de MAXIA coa maga Sara e co mago Carlos, para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria. 

Gustounos moitísimo.


MAGOS SARA E CARLOS de Bibliochicharrón Foz

11/11/2022

SAN MARTIÑO

 "Polo San Martiño, peóns ao camiño"

Bonito refrán para esta data. Hoxe, 11 de novembro, dende as 12:00h, tivemos unha estupenda festiña: magosto e xogos populares: cordas, peóns, sacos, xogos con castañas, bolos, aros...

O alumnado de 6º estivo repartido en grupos de 4 ou 5 persoas facendo de monitores nos diferentes xogos. Os outros cursos foron rotando por cada un deles.

Gozamos moitísimo.


SAN MARTIÑO de Bibliochicharrón Foz

11/10/2022

IGUALDADE

O luns día 7 de novembro, dentro do marco de subvencións da Xunta de Galicia á ANPA para fomentar a IGUALDADE DE XÉNERO, visitounos o humorista e contacontos Caxoto co seu espectáculo "Vellos contos, novos finais". Dirixida a 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

O obxectivo desta actividade é que as nenas e nenos do noso colexio teñan exemplos de contos non sexistas e que sexan capaces de recoñecer o machismo oculto nos contos tradicionais.

O mesmo día, en colaboración coa Garda Civil, tivemos outra actividade moi interesante para a etapa de Infantil. A actividade consistiu en ensinarlle ao alumnado un uniforme do Corpo da Garda Civil. A continuación as mestras pedíronlles que intentaran adiviñar se pertencería a un home ou a unha muller.

O obxectivo desta actividade era romper cos ESTEREOTIPOS MACHISTAS que a nosa sociedade nos inculca xa desde que somos persoas ben pequeniñas.

Algunha foto:


IGUALDADE de Bibliochicharrón Foz

10/28/2022

O Samaín

 O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta  e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.

É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo. 

Significa "fin do verán".

No Cole celebrámolo da seguinte maneira:

  • Alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria: decoraron cabazas, en familia, e expuxémolas no recibidor do edificio de Salvaddor de Madariaga.
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: decoraron sombreiros, en familia, e expuxémolos no edificio de Eduardo Pondal.  
  • O alumnado de 5º e 6º participou nun "scape room", onde mediante a realización de diversos retos acordes aos contidos curriculares traballados, recibían unha serie de pistas de cara a consecución dun obxectivo final. Estiveron moi entretidos, traballaron en equipo e acordaron a súa recompensa. Foi unha actividade XENIAL!!!!!!!

 O venres 28 as familias que o desexaron pasaron ver as exposicións.

Quedaron xenial. Mirade!!!!

BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz

Bibliotecas Escolares

Continuando co traballo da Biblioteca deste curso, destacando a reorganización e ampliación con novos materiais do "espazo maker", 


conmemoramos este día cunha exposición de recomendacións lectoras do alumnado de Primaria, a partir dun modelo elaborado polo Equipo de Biblioteca.

Os mestres e mestras completamos esta exposición aportando o noso libro favorito.










10/25/2022

O outono

 Mirade que portas, ventás e traballos de aula tan chulas:


PORTAS E VENTÁS NO OUTONO de Bibliochicharrón Foz