3/28/2023

CHARLA AXENTES TRIBUTARIOS

O luns 27 de marzo, dous membros da Axencia tributaria deron unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre impostos e a súa utilidade, fraudes fiscales, video relacionado contrabando e sobre a abordaxe de narcolanchas...


Moi interesante.

Moitas grazas.
 

MEDIO AMBIENTE

 O 21 de marzo foi O Día Internacional dos Bosques e o 22 O Día Mundial da Auga.

Nós, para conmemoralo, recibimos a visita de varios Axentes ambientais da Consellería de Medio Rural.

Algunhas das actividades que realizaron foron:

  • Charla e videos para Infantil, 1º e 2º.
  • Para todo o cole en dúas quendas: exhibición da motobomba, equipamento para apagar os lumes, manipulacións dos nenos...
  • Plantación dalgunha árbore.

MEDIO AMBIENTE de Bibliochicharrón Foz

Gustoulles moito.

Grazas por todo.

SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL

Despois de participar na carreira solidaria contra a leucemia infantil, propúxose a lectura en sexto do libro "Sadako y las mil grullas de papel". Nel leron que en Xapón existe unha lenda que se fas mil grúas de papel cúraste da devandita enfermidade.

Foron os nenos os que decidiron emprender esta iniciativa coa finalidade de conseguir as 1000 grúas e adicarllas a nosa mestra, que padece esta enfermidade.

 

Mirade o que imos conseguindo:



VÍDEO - PETICIÓN DOS NENOS 

 

Fotos da noticia no xornal O Progreso 



 


 

3/23/2023

CONTOS NA HORA DE LER

 Desta vez as contadoras de contos foron Carmela, Ingrid e Kenya as que foron á aula de tres anos contarlles o conto "Chocolata".

Quedaron todos encantados.





3/21/2023

CONTOS NA BIBLIO

 Os días 20 e 21 de marzo, na sesión de "A hora de ler", Iria, Xiana e Ranya, coa colaboración de Cilia, Merce, Sara e Luz Aimar, escenificaron na biblio os contos "Dita y Dito van al médico" e "Te quiero abuelo" ao alumnado de Infantil.













Gustoulles moito a todos, tanto ao alumnado de Infantil como as rapazas de 6º.

Moitas grazas


3/09/2023

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de varias maneiras:

  • O alumnado de Infantil compuxo un mural co lema AS NOSAS SUPER MULLERES, traballando o conto "Super Lola".
  • No edificio principal deseñamos un photocall para divertirnos facendo fotos e visibilizar a importancia da igualdade de dereitos entre homes e mulleres e da necesidade de compartir tarefas.
  • En colaboración co Concello, elaboramos por titorías cadanseu trapiño co material que nos levaron. O alumnado de 6º levouno á praza do Concello para que compuxeran un lazo xigante que se pode ver na debandita praza.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER de Bibliochicharrón Foz

 Agardamos que vos guste.

3/02/2023

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: APLICACIÓNS

 O alumnado de quinto de primaria elaborou o programa de radio escolar co título de "Aplicacións". Esperamos que vos guste!