10/24/2022

O outono

 O outono xa está plenamente instalado no calendario e nas nosas vidas.

Nós, o cole ímolo ambientando con motivos relacionados coa estación: follas recollidas polos nenos, outras coloreadas por eles, cabazas, sombreiros de...(sorpresa!!!!) e outras actividades destas datas, como a apertura da Biblioteca (espazo multidisciplinar), Día das Bibliotecas, Samaín...

 



CONTINUARÁ...


 


10/20/2022

Plan Director: O acoso escolar

 O martes día 18, o alumnado de 5º, recibiu a visita dun membro da Garda Civil. O tema a tratar foi "O acoso escolar", charla solicitada polo Colexio dentro do Plan Director.

Foi unha exposición moi amena. Presentou diversas situacións vividas por personaxes públicos, coñecidos por todos nós, nas que destacou o papel das redes sociais nas situacións de acoso.

Consideramos necesario e importante que os nosos rapaces coñezan como reaccionar ante estas situacións e, sobre todo, como non ser parte nin propiciar que ninguén se sinta acosado. 





10/14/2022

Limpamos A Rapadoira

 Hoxe, partindo da proposta que nos fixo ADEGA, o alumnado de 5º e 6º de Primaria e as súas mestras participaron nunha xornada de recollida de lixo na praia de A Rapadoira. Medio Ambiente do Concello  proporcionounos as bolsas, luvas e recolleu o lixo ao rematarmos. Participaron algúns pais e nais e Radio Foz tamén se interesou pola actividade, facéndonos unha entrevista telefónica in situ. Temos que dicir que había pouco lixo e que nos sorprendeu o compromiso cada vez maior que ten a xente polo coidado da natureza.

Grazas a todos por coidar o entorno.













 


10/07/2022

Apertura da biblioteca

 Hoxe tivemos o acto de apertura da Biblioteca.

O alumnado de sexto decorouna e preparou a escenificación do conto "Ra de tres ollos" para todos. Conto para concienciar aos rapaces do consumo sostible e do coidado do Medio Ambiente.

Todos pasaron pola Biblio en dúas quendas: Infantil, 1º e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Entregamos as "mochilas e as bolsiñas viaxeiras", dúas por curso.

Tamén os agasallamos con cadansúa chapa.

Esperamos que gozaran do acto e xa poden facer uso dos fondos existentes. 

Grazas ao alumnado e as mestras e mestres tamén.

APERTURA DA BIBLIOTECA de Bibliochicharrón Foz

10/05/2022

Un pouco de Historia

 O profesor Luis Tornamira volve ás aulas para falarlles da nosa Historia ao noso alumnado.

Hoxe, os alumnos de 5º, 6º e as súas titoras reunidos na Biblioteca tiveron unha visita moi especial: o profesor Luis, avó dun alumno do mesmo nome, de 6º, veu contarlles como foi o Al-Andalus. 

Quedaron encantados.

Agradecemos moito a súa colaboración. GRAZAS






10/04/2022

Preparando a apertura da Biblioteca

 O alumnado de 6º, entusiasmado con ser "Axudantes de biblioteca",  está preparando a súa apertura para o vindeiro venres 7 de outubro.

 

APERTURA BIBLIOTECA de Bibliochicharrón Foz

10/03/2022

PAISAXES SONORAS

 

Paisaxes sonoras

 

As paisaxes sonoras consisten nun conxunto de sons que fan unha interpretación dun lugar en concreto.

Nesta actividade, o alumnado de 6º A e B de primaria, traballaron en grupos a recreación dunha paisaxe sonora. Para elo tiveron que reflexiónar sobre os diferentes sons que se poden escoitar nun contexto concreto durante un minuto; buscaron os sons en internet e fixeron a montaxe utilizando o programa de edición de son "Audacity".

Aquí van as paisaxes sonoras creadas:

PAISAXES DE 6º A

 A praia

Unha escola 

O bosque

A Sabana Africana 

Unha cafetería 

PAISAXES DE 6ºB

O Zoo

A praia

O campo de fútbol

O recreo no cole